Antes da reunión: Quen é Frida Kahlo?

A próxima reunión do club será en torno ó libro “Frida (una historia posible)”.  Cómpre pois comezar por averiguar quen é/foi Frida Kahlo.

Xa sabedes os seguidores deste blog que ademais da literatura, razón de ser do blog, nos ocupan outras artes. Se na lectura anterior nos acercabamos á arquitectura da perdida cidade de Petra a través da arqueoloxía, agora imos acercarnos á pintura, arte que xa tocamos en “El retrato de Carlota” e que volveremos tocar coa lectura do mes de maio: “O pintor do sombreiro de malvas”.

Desta vez acercámonos a Frida Kahlo .  A protagonista da obra que imos ler é esta pintora mexicana que se chamaba Magdalena Frida Carmen Kahlo Calderón, (picando sobre o nome completo tedes a ligazón á páxina web do museo Frida Kahlo)

A protagonista do libro de María Baranda está baseado na vida desta pintora, aínda que non é unha obra biográfica. Hai nela anécdotas reais, lugares reais e outros ficticios froito da imaxinación da autora (María Baranda). O mesmo subtítulo da obra (“una historia posible”) xa nolo indica.

Frida Kahlo (1907 -1945) era filla do fotógrafo  Guillermo Kahlo, de orixe xermánico, pero afincado en México e casado con Matilde Calderón, mexicana de ascendencia española. A vida de Frida Kahlo estivo marcada polo sufrimento xa desde a infancia. De pequena tivo a poliomielite, enfermidade hoxe pouco frecuente, pero que na súa época causaba estragos entre os nenos, que non estaban vacinados contra ela. Unha das secuelas máis frecuentes desta enfermidade é a coxeira. Frida Kahlo era coxa e arrastraba serios problemas de saúde a causa desta enfemidade infantil, pero as cousas empeoraron cando na súa xuventude, o 17 de setembro do 1925, sufríu un grave accidente: o bus no que viaxaba foi arrollado por un tranvía que quedou completamente destruído, e Frida, que salvou a vida de miragre, quedou terriblemente danada: fractura da columna vertebral en varias partes, fractura de clavícula, de varias costelas, da perna dereita, do ombreiro esquerdo… e un ferro atravesouna totalmente.

Kahlo-columna

Foi intervida decenas de veces ó longo da súa vida a causa deste accidente e tivo varios abortos, xa de adulta.

(Procedencia da imaxe)

Estando postrada nunha cama durante a súa convalecencia, comezou a pintar sobre o corsé de xiz que a envolvía. Cun espello no teito pintábase a si mesma: unha pintura para exorcizar a súa dor, unha pintura que brotaba do fondo da súa desesperación.

kahlo18

Casou no 1929 co muralista Diego Rivera  co que mantivo unha relación tormentosa, caracterizada por separacións temporais, amantes varios e sobre todo por unha fixación obsesiva por el.

works_diegoandi

A índole desta relación deixouna moi ben reflexada nesta canción Pedro Guerra. (Ó matrimonio entre Frida e Diego chamárono no seu momento a “unión do elefante e a paloma”, aludindo á súa aparencia física)

Vivíu en Estados Unidos con Diego entre o 1935 e o 1939. Ámbolos dous estiveron moi implicados na vida política, social e cultural da súa época. Tratou (a algúns intimamente) a personaxes coma o revolucionario ruso Leon Trotsky, o líder do movemento surrealista André Breton, a fotógrafa italiana Tina Modotti … Foi admirada por pintores e intelectuais da súa época coma Pablo Picasso, Kandinsky, Marcel Duchamp , entre outros. Comezou a expoñer entre o 1939 e o 1949, pero non tivo verdadeiro recoñecemento artístico ata a década dos setenta, xa despois da súa morte.

Como se pode observar nos cadros cos que imos ilustrando a entrada, a súa pintura é moi autobiográfica e posto que a súa vida estivo marcada pola dor física e emocional, a súa pintura é moi desgarrada,

gacela

pero tamén moi colorista, como exemplos deixámosvos un par dos seus autorretratos.

images1images3

Podedes atopar máis información sobre esta pintora lendo algunha das súas biografías. Unha das máis coñecidas é a de Hayden Herrera, na que se baseou a película “Frida Kahlo” dirixida por Julie Taymor no 2002, protagonizada por Salma Hayek. Xa antes, no 1984, Paul Leduc foi o primeiro en levar a súa vida á gran pantalla. Aquí deixámosvos o trailer da versión de Julie Taymor.

Tamén podedes ler o propio diario de Frida Kahlo. Que reflicten os 10 últimos anos da vida de quen dixo André Bretón (v. supra) que “era unha cinta de seda arredor dunha bomba”.

Frida Kahlo, diario

El Diario de Frida Kahlo
Autora: Frida Kahlo
Editorial Debate, 2002
Páginas: 296

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Frida Kahlo, Música, Pintura, Recomendacións

Deixar un comentario