Ammor en Ammán, despois da reunión

O pasado luns tivemos xuntanza arredor do libro Ammor en Ammán. Non foi unha lectura que gustase demasiado. Para abrir boca fixemos unha pequena selección de libros que tiñamos na biblioteca sobre mitoloxía árabe e exipcia. Aquí quedan algúns títulos por se queredes botarlles unha ollada:

Deuses e faraóns da mitoloxía exipcia, edicions Xerais de Galicia

Ciudades fabulosas, príncipes y Yinn de la mitología árabe, ediciones Anaya

Me pregunto por qué Las pirámides fueron construidas y otras preguntas sobre el Antiguo Egipto, Everest

ammor en amman 2 002

Despois do visionado do documental “La ciudad oculta de Petra” ( do que falamos aquí) e que tampouco tivo demasiado éxito, comezaron as intervencións sobre as diferentes lecturas da novela.

ammor en amman 2 003 (Cristian parece que non quere perder nimgún detalle do documental)

Como xa adiantamos arriba non foi unha lectura que os enganchase demasiado. Carla, por exemplo, non viu demasiado claro que o amor puidese nacer a tanta velocidade, faltoulle máis emoción e emoción e aventura. Tamén lle pareceu, aquí algúns tamén estiveron dacordo con ela, que a narradora se enredara demasiado ao final “falando” sobre a autora. Esa inclusión da autora como personaxe da novela, que foi algo que nos gustou ás moderadoras, non lle fixo gracia aos lectores máis novos. Despois de atoparlle sentido ao pano vermello que se nos quedara perdido e sen sentido pola historia, fixemos unha parada no misterio que envolve á nai das protagonistas, personaxe, sen dúbida, máis afable que o profesor que non espertou a simpatía de ninguén. Tratase dun personaxe intolerante que participa do expolio que supón entrar nun país para levar as pezas de arte do mesmo a museos de países con maior poder, feito que detectou moi ben Iago, e que defendeu coa sinxela rotundidade que o caracteriza. Hai que valorarlle ao profesor, iso si, o particular uso das expresións ( véxase, por exemplo, a “difusa teoría” que ás veces defende, así coma o emprego da palabra “tetrágono” en ocasións dispares). Este vocabulario particular do pai ponlle unha miga de simpatía á novela.

En definitiva, non deu moito máis de si a novela, sería que faltaba Pedro.

Quedamos para o primeiro luns lectivo de abril coa novela, Frida Kahlo (una historia posible), de María Baranda. Está ilustrado por Gabriel Pacheco. Trátase dunha novela moi poética e onírica que precisa ser lida con ollos de nenos( vós, que ainda estades cerca da infancia, ainda podesdes facelo baixo esa mirada) Como xa vos comentamos na reunión sería bo que lesedes as entradas do blog nas que vos iremos achegando á obra de Frida Kalho, pintora mexicana que é a protagonista da novela. Podedes ler aquí como comeza a obra.

( Procedencia da imaxe)

Desexamos que teñades un bo encontro con esta pintora e que vos descubra moitos camiños polos que transitar a vida con máis seguridade.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Oriente Medio, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s