Arqueoloxía en “Ammor en Ammán”

A arqueoloxía está moi presente nesta novela. Na páxina 65 de “Ammor en Ammán”, cítanse a Belzoni con relación a Exipto e a Schliemann con relación a Troia.

Para os que esteades interesados/-as nesta disciplina deixámosvos esta entrada referida a Schliemann (1822-1890), o que desenterrou Troia e Micenas.

Este home é un exemplo de soñador que conseguíu o seu soño. Ós oito anos, idade á que xa lera a Homero, dixo que se propoñía demostrar  que Troia existira, aínda que os profesores de historia da súa época o negaran. É certo que ó longo da súa vida o acompañou a sorte, pois xa de mozo adicouse ó comercio, o que lle permitíu facer fortuna. Falaba varios idiomas, fixo negocios en Rusia, acumulou riqueza, casou cunha grega e instalouse en Atenas, onde tivo dous fillos, ós que chamou Andrómaca e Agamenón, seguindo a súa pasión polos clásicos. A partir do 1870 empezou os preparativos para as excavacións de Troia. Daquela a arqueoloxía non era a disciplina que é hoxe en día e estaba en mans de particulares adiñeirados facer este tipo de excavacións para quitarlle á terra os segredos da historia. Atopou nada menos que sete cidades superpostas. Despois foi a Micenas, onde sacou á superficie, entre outras moitas cousas, unhas máscaras de ouro nas tumbas dos reis micénicos. Por último, desenterrou as murallas de Tirinto, que el cría de época romana.

Deixámosvos un vídeo sobre a lexendaria cidade de Troia duns 50 minutos de duración e outro máis curtiño (duns 9 min.) que nos leva a Micenas.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Oriente Medio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s