“Cuentos y leyendas DEL CUERNO DE ÁFRICA”

Da colección de Anaya, “Tus libros Cuentos y Leyendas”, da que temos na biblioteca diferentes exemplares,  propoñémosvos, seguindo coa nosa viaxe por África,  o libro de Yves Pinguilly dedicado ós contos do Corno de África. Ilustrado por Constantino Gómez Vidal.

(Procedencia da imaxe)

Este libriño contén 17 contiños cos que vos podedes enterar de “por qué la hiena cojea un poco y anda de lado” (páx. 67); de “desde cuando y por qué el continente africano va a la deriva” (páx. 111): de como “nueve y uno son exactamente diez, lo mismo que uno y nueve son exactamente diez” (páx. 79), coñeceredes ó escravo que abolíu a escravitude (páx. 57) e ó final tedes un apéndice no que vos sitúa ese espazo xeográfico chamado “o corno de África”, entre o Mar Roxo e o Nilo Azul.

Aquí tedes o enlace dunha páxina dun xogo, que vos leva a un mapa interactivo para que coñezades os países que conforman “o corno de África e as súas capitais”: Etiopía (onde se desenvolvía a acción do libro “O paxaro do mel”, recomendado neste blog), Eritrea (país citado no mesmo libro, onde anteriormente estivera Mario), Somalia e Yibuti.

Se queredes seguir viaxando a outros mundos da mán da serie de Anaya, “Tus libros Cuentos y leyendas”, na biblioteca temos moitos outros dos títulos que conforman a colección. Bótadelle unha ollada ós “Cuentos y leyendas de Japón”, “Cuentos y leyendas de elfos y duendes”, por poñer un par de exemplos.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s