Árbores a esgalla

O home que plantaba árbores (L’Homme qui plantait des arbres -1953-) é unha noveliña ben interesante sobre a xenerosidade, a hospitalidade, a constancia e a capacidade do home para intervir (esta vez, positivamente) na natureza. Como biografía “concentrada” do seu autor pode valer a que se cita a continuación (extraída da web da editorial Galaxia):

Jean Giono (Manosque, 1895-1970), novelista francés. Con 19 anos foi reclutado polo Exército francés para loitar na I Guerra Mundial. Máis tarde describiu os horrores da guerra en Le Grand Troupeau (1931). Expuxo o seu credo pacifista en Refus d’obéissance (1937). Giono utilizou a súa Provenza natal como escenario para as súas novelas, cuxa maior parte tratan sobre a relación das xentes coa terra que habitan, tal e como se pode ler en Les vraies richesses (1936). Outros libros importantes son Colline (1920), Regain (1930) e Le Hussard sur le toit (1951), no que a manifestación da naturaleza é a cólera que devasta Provenza e mata cegamente sen preocuparse da política que está axitando os homes.

Como puidestes comprobar, tras a súa lectura, o libro amósanos o gran cambio experimentado nunha zona dos Alpes tras a sementeira masiva de árbores por parte do seu protagonista. Non plantou ducias, nin centos; PLANTOU MILES de carballos, bidueiros, faias, etc., conseguindo á volta duns anos transformar unha área erma e deshabitada nun lugar fermoso e cheo de vida. Todo un exemplo.

A novela foi levada ao cinema (de animación, neste caso) polo canadense Frédéric Back en 1987, con grande éxito, xa que a curta acadou diversos premios (entre eles, un Óscar e unha Palma de Ouro). Con todo, eu escollo a novela. Xulgade vós:

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s