Arquivo por etiquetas: Terceira Idade

Última etapa: os máis “grandes” (II)

Continuamos cunha miniselecta de libros con protagonistas “grandes”, e enlazando coa entrada anterior comezamos por un título do máis recente (2012), do que no 2013 se fixo a adaptación cinematográfica (temos o libro na biblioteca):

“El abuelo de 100 años que saltó por la ventana y se largó” de J0nás Jonasson.

Un pouco máis antiga (2008), de Arto Paasilinna temos “La dulce envenenadora”, publicada en Anagrama, na que a protagonista é unha encantadora velliña de 80 anos.

PN714E despois de pasar polas  terras nórdicas de Finlandia coa coronela Linnea Savaska,  podemos adentrarnos na selva amazónica con

Antonio José Bolívar Proaño, o protagonista de “Un viejo que leía novelas de amor” (1989) do chileno Luis Sepúlveda

viejo_gaviota_bigIndo bastante máis para atrás no tempo, do 1959  temos “La hoja roja” de Miguel Delibes.

En calquera obra que collades de García Márquez, quen nos deixou fai pouco, de seguro que atopades un ou varios personaxes de  “idade provecta”. Probade con “El amor en los tiempos del cólera” (libro e película tédelo na biblioteca) ou “El coronel no tiene quien le escriba”…por citar algunha.

E citando clásicos non podemos deixar de lembrar “Os vellos non deben namorarse” de Castelao. Ou o tamén clásico de Cunqueiro “Se o vello Simbad volvese ás illas”.

Para acabar esta entrada citamos a Alfredo Gómez Cerdá, autor de “Sin billete de vuelta” e deixámosvos un enlace a un artículo de Anabel Sáiz Ripoll titulado “El anciano en la  literatura”, onde cita diferentes obras da literatura española e xuvenil, nas que un personaxe de avanzada idade ten diferentes papeis. Non deixedes de lelo.

Para clausurar o Club de lectura deste curso 2013-14, o luns día 16 quedamos a mediodía para xantar e facer unha posta en común do que foi o club deste curso, que libro ou libros nos gustaron máis, cales menos e suxestións cara ó próximo curso e cara o verán. De acordo? Ata daquela, ánimo que xa falta pouco para rematar cos exames e todo iso que nos ronda a finais de curso.

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Última etapa: os máis “grandes” (I)

Chegamos a última etapa da vida do club de lectura deste curso. Hoxe temos a reunión para ver  a película, despois de ler “Enrugas” de Paco Roca. Fomos crecendo durante todo o curso cos protagonistas das nosas lecturas: o bebé-tubo, Zezé, Paloma, Pixie e Dixie e outros moitos ata chegar a Santiago, na súa titánica loita no medio do océano.

Na lectura deste mes temos a Emilio e Miguel no océano da súa desmemoria, desmemoria que comeza a gotas e convértese  nun océano.

Pero como mostra de que nós aínda non nos esquecemos dos nosos “grandes”, imos facervos unha selecta (moi persoal, cada un poderá engadir os seus títulos favoritos)  duns poucos libros e películas de maiores. Comezamos pola gran pantalla.

De produción arxentina temos “Sol de Otoño”

Protagonizada por dous grandes en tódolos sentidos, Federico Luppi e Norma Aleandro. Unha historia plácida, de amor nesa chamada terceira idade.

Tamén con Norma Aleandro, pero cando xa esta era algo máis grande (“Sol de otoño” é do 1996), temos “El hijo de la novia”, do 2001.

El hijo de la novia (2001) – FilmAffinity

El hijo de la novia

 

“Lugares comunes” é outra produción arxentina que protagonizan Federico Luppi e Mercedes Sampietro no ano 2002, el dalle vida a un profesor de literatura que se enfrenta á súa xubilación forzosa, ela é a súa parella, compañeira, amiga, cómplice…

Lugares comunes (2002) – FilmAffinity

Lugares comunes

 

Máis recentes son as seguintes producións:

“Gloria” . Película chilena dirixida por Sebastián Lelio e protagonizada por Sergio Hernández e Paulina García, que dan vida ós protagonistas de 65 e 58 anos, respectivamente. Ela levou o Oso de Plata á mellor actriz na Berlinale do 2013.

“Quartet” é unha comedia  dirixida por Dustin Hoffman no 2012 na que un grupo de cantantes de ópera retirados queren volver a sentirse de novo sacando o máximo da vida.

La tercera edad conquista el cine | Cine | DW.DE | 30.03.2013

E por último, acabamos a entrada con “Amor” (2012) de Michael Haneke (del temos “La cinta blanca” na biblioteca). Nesta dura película abórdase sen ningún tipo de tabú o tema da eutanasia.

Picando sobre a carátula tedes o enlace ó trailer.

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións