Arquivo por etiquetas: O deserto

Outro deserto

“A historia do camello que chora”

Tamén nun deserto, neste caso o deserto de Gobi ( en Mongolia)  tamén protagonizada por animais ( neste caso un camelo, que chora) acontece esta historia.

Velaquí unha mostra do documental, dirixido por Byambasuren Davaa e Luigi Farloni.

Na carátula da película (que está na biblioteca no andel “Documentais”) podemos ler: “Una historia encantadora y única con grandes dosis de realidad, drama y magia, La historia del camello que llora, narra las aventuras de una familia de nómadas en el desierto del Gobi ( Mongolia) que tienen que afrontar una crisis cuando una camella rechaza a su recién nacido después de un parto difícil.

Sin su leche materna, el pequeño no sobrevivirá así que, conforme a un antigua ritual llaman a un músico vecino de un pueblo remoto para realizar un ritual que consiga que la madre se haga cargo de su cría”.

Eu estou dacordo coa presentación do filme. Só engadiría un adxectivo máis: é tenra. Moi tenra. Será porque os protagonistas son animais.

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, O deserto

A música no deserto

Aquí vos deixamos a  voz  de Mariem Hassan

Deixar un comentario

Arquivado en El niño que vivía con los avestruces, Música

O cine no deserto

Dende fai varios anos vense celebrando no Sahara o Fisahara, un festival de cine que ten lugar nun dos campos de refuxiados. Podedes atopar máis información sobre o mesmo se picades aquí.

E se non vos apetece demasiado lelo, cóntavolo Javier Bardem …

Son moitos os actores que colaboran neste festival. Amparanoia ponlle música e voz a este pequeno vídeo que amosa o traballo dos artistas.

E aquí un trailer da película Hijos de las nubes, la útima colonia. Foi un dos documentais  proxectados nesta última edición do festival. É un traballo  de Álvaro Longoria, producido por Javier Bardem.

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, El niño que vivía con los avestruces

“El niño que vivía con los avestruces”

Mañá teremos xuntanza lectora arredor do libro El niño que vivía con los avestruces de Monica Zak e ilsustrado por Enrique Flores.

A novela está baseada en feitos reais( ainda que, xa se sabe, ao literaturizar pérdese un pouco esa realidade e gáñanse outras cousas) e está ambientada no deserto do Sahara. Se clicades aquí poderedes achegarvos a ese lugar.

Como sabedes é un lugar que ten detrás de si unha historia triste de inxustiza e desarraigo. Para que vaiades vendo como era ese espazo no  que habitaba a familia humana de Hadara podedes ler  este cómic explicativo de Mauro Entrialgo.

(Procedencia da imaxe)

Ou ver este pequeno documental sobre a realidade do pobo saharaui.

Hadara é un rapaz que medra “salvaxe” neste deserto, protexido pala tenrura e cariño dunha familia de avestruces.

( Que sorte ten Hadara!). Non é o único caso de neno salvaxe.
Outros casos coñecidos de nenos que medraron lonxe do que implica a “domesticación social” foron, entre outros, Victor de  l´Aveyron en El pequeño salvaje ( Grazas, Rodrigo, polo libro) ou  Marcos Rodríguez que se recrea na película Entrelobos. Tamén destaca, na literatura, o caso de Mowgli en El libro de la selva.

Mañá deslizaremos pola suavidade do deserto e desta historia.

A fotografía “Suavidad” é de David  Rodríguez Amil e foi tomada no Sáhara. Grazas, profe David!

1 comentario

Arquivado en Cine, El niño que vivía con los avestruces, O deserto, Recomendacións