Arquivo por etiquetas: Ibsen

Casa de bonecas

Mentras ledes a obra podedes visitar esta magnífica guía de lectura da peza. Nesa mesma páxina atoparedes esta maqueta do escenario da obra que xa nos leva, claramente, a unha obra de carácter realista.

 

Mais, o que nos interesa da obra non é só ese afán realista que levou ao dramaturgo a reflectir a na obra a realidade o máis fielmente posible, o que cómpre salientar é  como Ibsen foi quen de amosar a realidade, a vida interior dos personaxes. Di R. Williams no libro El teatro de Ibsen a Brecht o seguinte:

“¿Qué hizo parecer Casa de muñecas, como drama, tan poderosamente original? ¿El tratar de gente real en situaciones reales? Seguramente esto es muy discutible. Los personajes de la obra difieren muy poco de los habituales del drama romántico: la inocente mujer infantil, envuelta en una desesperada decepción; el torpe marido insensible; el amigo fiel. Similarmente, las principales situaciones de la obra son típicas del drama de intriga: el secreto culpable, los labios sellados, la complicación de la situación alrededor de la carta final del villano. (…) nada de esto es totalmente nuevo, y es la parte principal de la obra.

Pero la novedad aquí es que estas muñecas, deliberadamente románticas, son repentinamente arrojadas a la vida.”

Amósanos Ibsen uns personaxes, especialmente o de Nora, que “padecen” unha serie de revelacións interiores, de descubrimentos (que teñen nome técnico e dos que falaremos na vindeira entrada) que provocan un cambio, unha reacción, un xiro inesperado no seu comportamento exterior e interior.

Así fala de Nora Frau Adine, a protagonista de La sonrisa perdida de Paolo Malatesta*, na páxina 276 do libro:

“(…) En febrero de 1962 yo estaba memorizando un papel nuevo para el teatro. Un personaje fascinante y nasa fácil de interpretar: una mujer de nombre Nora que acaba dejando a su marido y a sus hijos para poder vivir una vida en la que sus hilos no estuvieran manejados por los demás. (…)

Desta innovación tamén participan as outras obras de Ibsen que xa mencionamos na entrada anterior. Aquí vos queda un trailer de El pato salvaje. Na biblioteca tamén temos o libro, por se queredes lelo:

E aquí a versión  do  programa Estudio 1 de TVE ( emitida o 3 de xaneiro de 2002) da obra que nos ocupa. Se nos dá tempo falaremos dela na xuntanza. Se non é así, aquí vos queda por se queredes vela:

* A autora desta novela é Ana Alcolea. Tamén escribiu El retrato de Carlota, obra que lestes algúns de vós e da que falamos nestas entradas antigas .

Ana Alcolea virá facernos unha visita, pois os alumnos de 1º da ESO están a ler a esa obra. Será o venres ás 10:45 horas. Vós, por suposto, tamén iredes.

Deixar un comentario

Arquivado en Casa de bonecas, Teatro

O teatro de Ibsen (1828-1906)

Estamos lendo Casa de bonecas do dramaturgo noruego (que se vos parece a Papá Noel!) Henrik Ibsen. O mérito deste autor non está en evocarnos á figura de Papá Noel, con quen certamente garda semellanza, senón en ser o pai do drama moderno e precedente do teatro simbólico.

(Procedencia da imaxe)

 Ibsen, fundador do teatro moderno, dramaturgo e poeta noruego naceu no  seo dunha familia acomodada que se arruinou sendo el mozo. Introvertido, ateo e solitario traballou uns anos como auxiliar nunha botica. Publicou na mocidade , sen moito éxito, versos escandalosos e satíricos e un primeiro drama  (de carácter romántico), Catilina. Anos máis tarde trasladouse á cidade de Bergen, onde traballau un tempo  no Det norske Theater. Escribiu alí  unha serie de pezas históricas de inspiración nacionalista (Noruega era unha provincia sueca, de fala danesa, ata o 1905)

A incomprensión da sociedade fixo que este cambiase o seu país por Italia, onde compuxo dous dos seus grandes dramas poéticos: Brandt e Peer Gynt.

Despois destes dramas en verso, de carácter simbólico, Ibsen marchou a Dresde, en Alemania, e alí escribe os seus máis importantes dramas, que o fan creador do teatro de ideas convertindo o escenario nun verdadeiro espello da vida, sobre todo da vida interior dos personaxes que choca co que a sociedade, coas normas que esta preparou para eles.

É a época na que escribe  Espectros (1881) sobre o tema (tabú na época) da sífilis e as súas secuelas. A obra conclúe coa dúbida dunha nai acerca de se administrará ou un non unha sobredose de morfina (O sol!.. O sol!) ao seu fillo que este, víctima dun ataque cerebral, lle pide para rematar coa súa vida. A dureza do argumento motivou non só  a súa prohibición, senón negativas dalgúns actores para interpretala.

Da mesma época é Un inimigo do pobo. Esta peza plantexa o conflito entre un individuo, que sabe que as augas dun balneario están contaminadas, e toda a sociedade do pobo, incluída a propia familia, que se opón á divulgación da verdade polas consecuencias económicas que isto puidera ocasionar. Aquí vos deixamos o vídeo promocional da obra dirixida por Juan Mayorga* (grande!)

Outra obra que vale a pena lembrar é O pato salvaxe. Nela, o dramaturgo presenta os desastres que un mozo idealista (pois anceia o triunfo da autenticidade) ocasiona ao seu redor ao pretender que un matrimonio amigo recoñeza e asuma que ela foi amante do pai do citado mozo.

En abril do 2001 o Centro Dramático Nacional levou a escena esta obra. A dirección corría a cargo de José Luis Alonso e a obra fora revisada por Buero Vallejo.

Outras obras posteriores son Hedda Gabler (muller sofocada nunha vida sen beleza, que se dabate entre o seu marido_ un investogador mediocre_ e un cínico admirador que pretende convertirse no amante dela) e John Gabriel Borkman, intenso melodrama no que dúas irmáns loitan polo dominio do fillo dunha delas.

En todas elas abundan os conflitos familiares, matrimoniais e aparecen mulleres con caracteres fortes. Pero destaca Casa de bonecas, estrenada en 1879. Foi máis un fenómeno social ca literario ao plantexar, por primeira vez, o tema da autonomía da muller nunha sociedade deseñada ao servizo do home.

O nome de Ibsen foi sinónimo de inconformismo e renovación ( por iso nos gusta tanto). En próximas entradas veremos en que consistiron o inconformismo e as técnicas renovadoras concretamente na peza que estades a ler.

Os grandes dramaturgos ChejovShawLuigi Pirandello Strindberg e os americanos O´Neill, Williams, Arthur Miller ou Edward Albee son dunha maneira ou doutra os seus herdeiros.

Nota: para a realización desta entrada tomamos como fonte o libro Literatura Universal, da editorial Akal.

* De Juan Mayorga non lemos nada neste club. É un dramaturgo de referencia obrigada nos tempos que corren. Non me resisto a non deixar aquí unha entrevista del.

Deixar un comentario

Arquivado en Casa de bonecas, Teatro