Arquivo por etiquetas: Cervantes

Entremeses: teatro entre platos

Na xuntanza de mañá imos comentar a peza  Entremeses de Cervantes, editada por Bambú. Como é de supoñer, mañá teremos entremeses para comezar. Así que, antes de comer o bocata, pasade probar os entremeses que vos teremos preparados.

Fotografía da representación de “El Retablo de las maravillas” extraída de aquí ( Este entremés está baseado no tópico do rei espido)

Aquí vos deixamos unha breve explicación do xénero e do contexto histórico.  Ademais de comentar esta obra comezaremos a ler Fuenteovejuna, De Lope de Vega.  Esta lerémola nas xuntanzas. Ainda que se trata dunha adaptación, a obra presenta certas dificultades. Por iso mesmo faremos unha lectura dramatizada de colectiva da mesma para despois facer un comentario persoal da comedia de Lope.

Pero comecemos polos entremeses antes de entrar no prato principal.

Xa vos dixemos que a finais do século XV e durante todo o XVI triunfaba en España un teatro cómico, breve e popular. Xa durante o reinado dos Reis Católicos pareceron precursores deste tipo de teatro: Gómez Manrique, Juan del Encina, Lucas Fernández e Gil Vicente, que incorporaron ás súas pezas escenas costumbristas extraídas da vida cotiá, lirismo, humor e personaxes bobos ou simples e final feliz. Fronte á La Celestina, de Fernando de Rojas, que representaba unha tendencia máis tráxica, triunfou esta liña da comedia, que proseguiría Lope de Rueda cos seus Pasos, e máis tarde Cervantes cos Entremeses.

Xa vos comentamos na entrada anterior  que o nome de entremés (sinónimo de paso), de orixe catalán, alude a unhas pantomimas ou farsas que se representaban entre os platos fortes de certos banquetes. De aí pasou aos currais de comedias e aos intermedios da obra principal. A brevidade e a comicidade son as súas características principais.

Cervantes viu representar os Pasos de Lope de Rueda e aprendeu deste autor a construir divertidos personaxes, de carácter costumista (criado bobo, ladrón, soldado pobre e/ou fanfarrón que nos lembra ao miles gloriosus de Plauto, estudante, vizcaíno, fidalgo sen recursos, prostituta, vello cornudo…) Asemade, Cervantes aprendeu do seu mestre Lope de Rueda que a trama fundamental para facer rir ao público debía ser un engano no que houbese burladores e burlados.

No estudo que aparece na edición que nós lemos, Emilia Navarro e Alfredo Reina León distinguen varios temas e personaxes recurrentes nos entremeses. Un dos que máis se repite é o tópico do matrimonio entre un home de avanzada idade e unha moza. Os matrimonios adoitaban ser concertados entre as familias e tiñan unha finalidade económica ou de ascenso social. Atopámolo tamén noutras obras como El sí de las niñas, de Leandro Fernández de Moratín, en La zapatera prodigiosa de Federico García Lorca ou na obra de CastelaoOs vellos non deben de namorarse. Cervantes aborda o tópico en “El viejo celoso” e nunha das historias de “El juez de los divorcios”.

Outro personaxe moi presente na tradición literaria española que tamén aparece nos entremeses cervantinos é o da alcahueta. Esta ten por oficio mediar entre os membros dunha parella para que acorden unha cita e posterior relación amorosa. A tradición literaria recolle a asociación popular da alcahueta coa bruxería. Neste senso destacan a Trotaconventos de El libro del Buen Amor, a Celestina, Gerarda na obra  La Dorotea ou Fabia en El caballero de Olmedo, entre outras. Na obra que lemos aparece a veciña chamada Hortigosa en “El viejo celoso”.

A prostitución foi, desde a Idade Media, un fenómeno social documentado en moitas cidades españolas, práctica que se prohibiu en 1623. Para exercer o seu oficio asignábaselles a estas mulleres un pequeno barrio de extramuros chamado mancebía. Outras exercían en domicilios particualres, como as protagonistas de “El vizacíno fingido”. En “El juez de los divorcios” un dos personaxes relata ao xuíz os seus problemas conxugais con unha arrepentida.

A parella dama e criada tamén é moi común nos entremeses. Neles atopamos varios graos de confianza na relación entre elas: desde a actitude maternal da ama de Cristina en “La guarda cuidadosa” á de complicidade nun caso de infidelidade en “La  cueva de Salamanca” e “El viejo celoso”. Nestes dous últimos, Cervantes móstranos unhas señoras que non pertencen á nobleza, senón á burguesía, para ilustrar o tema do adulterio. A convención teatral da época esixía que o tema da infidelidade conxugal (tan común na historia da literatura) se tratase en clave cómica e con personaxes que non pertencesen á aristocracia, dado que este tema podía poñer en entredito un dos valores fundamentais da clase nobiliaria destes séculos: a honra e, no caso de menoscabo da mesma, a vinganza.

A propósito dos personaxes femininos, xa vos decatariades da misoxinia que percorre todas as obras, pero que se fai especialmente presente na broma de “El vizcaíno fingido”

Como home barroco non podía faltar nos entremeses de Cervantes  o tópico do engano aos ollos. A realidade, segundo o pensamento barroco, está en constante cambio e mudanza, nada permanece, nada hai firme, os sentidos engánanos, a verdade depende do punto de vista ou perspectiva, todo é pura apariencia e teatro.O mundo é puro teatro, é engano, é apariencia e ficción. Lembremos, entre moitos, “La cueva de Salamanca” onde aparece o recurso ao teatro  no propio teatro ao igual que en “El Retablo de las maravillas”.

O retablo deste entremés, se existise, tal vez fose semellante  ao de Maese Pedro que aparece en El Quijote. Manuel de Falla púxolle música a ese fragmento:

Por outra parte, as letras e as armas son dous temas moi presentes nas obras cervantinas (podemos lembrar o famoso “Discurso de las armas y las letras” pronunciado por D. Quijote, de quen xa falamos aquí). Tamén aparecen nas pezas que estamos lendo. As letras están representadas, entre outras,  pola figura do sacristán. A diferencia do soldado, este ten cartos, polo seu contacto coa igrexa, e dispón de máis recursos dialécticos para conquistar ás mulleres, como lles acontece aos protagonistas de “La guarda cuidadosa” e “”La cueva de salamanca”.

Con respecto ás armas, cómpre dicir que Cervantes mostra unha grande simpatía pola figura social e literaria do exsoldado. A este personaxe adoita velo coma un perdedor, un tipo pobre, idealista, abandonado pola Administración, que non consigue traballo para poder manterse, que se esforza inutilmente en facer valer as súas gloriosas fazañas bélicas para conseguir un traballo ou o amor dunha muller. É caso dos exsoldados que aparecen en “La  guarda cuidadosa” ou “El juez de los divorcios”.

Outro tema presente na obra cervantina e tamén na tradición literaria e filosófica occidental é o da maxia e os soños vencellados ás covas. A cova é un espazo mítico universal onde se alteran as coordenadas do tempo e do espacio. Pode simbolizar o descenso para adquirir un coñecemento irracional e misterioso, a inmersión no subconsciente humano ou tránsito cara ao mundo da ultratumba. Son famosas as covas de Platón e a súa teoría das ideas, a de Alí Babá  ou as de Cervantes, concretamente a de Salamaca e a de Montesinos. A primeira era un lugar onde, segundo unha antiga tradición, o mesmo diaño daba clases de artes máxicas e adiviñacións. Segundo outra lenda, era o párroco da igrexa de San Ciprián quen ensinaba a súa escura sabedoría a sete alumnos ao longo de sete anos. Dicíase que esta cova era a entrada a un labirinto de túneles secretos que conectaba os lugares máis importantes da cidade: a Catedral e a Universidade. O estudante protagonista de “La cueva de Salamanca” aproveita a popularidade desta lenda para enganar a un marido que é vítima da infidelidade da súa muller. Neste caso, a carboneira da casa convértese na famosa cova e serve de gancho para o engano. Por outra banda, a cova de Montesinos, que se atopa no Parque Natural das lagoas de Ruidera (entre Ciudad Real e Albacete), foi visitada por don Quijote, se ven a imaxinación do fidalgo convertiuna nun inmenso palacio de cristal.

Finalmente, non podemos deixar de falar do entremeses como espello da sociedade barroca. Estes constitúen un documento excepcional de como a profunda crise económica e social da España do século XVII afectou á xente na súa vida cotiá levándoas ao conflito, ao desengano, á pobreza, á infelicidade, á incertidume… Como xa comentabamos anteriormente, as crises son moi semellantes  ainda que estean moi distanciadas no tempo.  Moito me temo que sempre as pagan os mesmos  e tamén os mesmos as provocan en calqueira época. A ver se vos soa isto de algo: a crise social e económica que viviu España durante o século XVII tivo unha raíz financieira. Os gastos do Estado eran desmesurados, sobre todo polo luxo e ostentación da Corte e pola elevada factura que se tiña que pagar para manter o imperio. Ante a falta de ingresos suficientes, o Estado tiña que acudir a pedir diñeiro prestado aos bancos, especialmemte aos xenoveses. Mais, en ocasións, a falta de de ingresos era tal e a débeda tan alta, que o Estadao quebrou e viuse obrigado a declarar a suspensión de pagos. Nesta situación, os bancos non puideron cobrar os préstamos. Esta crise financieira estaba en boca de todos, como se pode observar no entremés “El vizcaíno fingido”.  Asemade, na conciencia de moitos cidadáns do século XVII, a bancarrota do Estado debíase a que a monarquía dos Austrias pecaba de despilfarro. Para mostrar grandeza (que non era tanta, por certo), nas cortes eran frecuentes as festas,  o luxo, a ostentación e un sistema de privilexios económicos dos que se beneficiaba a aristrocracia. En efecto, xeralizáronse unha pagas extraordinarias ou subvencións chamadas “axudas de costa”. Cristina chama ao cliente de Brígida precisamente axuda de costa, como caída do ceo (así como todas as subvencións e pagas extras que recibía a aristocracia e que encubrían un sistema de clientelismo e corrupción que sangraba as contas públicas): de forma humorística, Cervantes pon o dedo na chaga da bancarrota do Estado.  Tristemente, hoxe podería facer o mesmo.  Aquí tedes unha dramatización do entremés ao que vimos aludindo:

Reflicte tamén Cervantes quen son as vítimas desa crise, que se manifestan dun xeito máis palpable na figura do soldado pobre. Estes soldados, innecesarios nunha época de paz quedaban desamparados e sin soldo, a mercede dunha sociedade que tampouco lles proporcionaba un traballo, de xeito que se vían abocados á mendicidade ou a unha forma de loucura que pasaba por esaxerar un glorioso pasado militar co propósito de disimular a súa pobreza e conseguir axuda económica estatal que nunca chegaba. Cervantes retrata en “La guardia cuidadosa” a un deses soldados. Esta crise tamén foi cruel cos fidalgos pobres, un tipo social que xa non tiña cabida na historia, abocado a desaparecer. Lembremos, por exemplo, o drama do fidalgo que aparece en “El juez de los divorcios”.

E agora, a quen elixiría Cervantes para representar ás vítimas da nosa situación de crise?

 

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro

Na terra de Cervantes, no premio de Cervantes

"Cervantes"

“Cervantes” visto por Luca

Onte falabamos da obra El Quijote, de Miguel de Cervantes Saavedra. Non queremos deixar pasar dúas  recomendacións literarias “cervantinas”.

A primeira é a súa obra Novelas ejemplares, ensombrecidas un pouco por El Quijote, pero de grande valor literario. Na biblioteca témolas á vosa disposición.

rGOLNCLfUozV9SQReVpZ0a08rBXxobGih0yMLmuLqXs                 ( As novelas ejemplares que viu Luca. Exposición Casa Museo de Miguel de Cervantes, Alcalá de Henares)

A segunda vén ao fío de Cervantes tamén: a obra poética de José Caballero Bonald, último premio Cervantes. Na Universidade de Alcalá de Henares pódense ver esta exposición do poeta. As fotos están tomadas por Luca.

kAejYNK2AfyA0kxzQk8OCsejXa253fWtJaQpydfMEjE

Se entrades nesta páxina poderedes ler algún poema do autor. Mentras tanto, podedes ir mergullándovos neste, na procura da “clave venturosa de la vida”:

FIAdND2Y6uujoW7vQha6xM_TRMixJLy6PELdPgA4Mfk,INyHtL2E1Ug98mkFiZwUiFNKvzzkfVekOZCqrkuuVo8

Nunca será unha infracción achegarse á súa poesía e á súa obra.

uWqgW8ri73-5S3TaE6fVthPA5HSlU2LiWjGdxBOSPNg

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

Literatura en “A cidade en chamas” (II): “O Quixote”

Ya no hay locos, amigos, ya no hay locos. Se murió aquel manchego, aquel estrafalario  fantasma del desierto y … ni en España hay locos. Todo el mundo está cuerdo, terrible, monstruosamente cuerdo.


León Felipe

34yf04vwE5_f5c8Onts5jrGQqk2LpeCNcgDbFCY6UZw                ( Fotografía tomada por Luca Rosato diante da casa museo de Cervantes, en Alcalá de Henares)

Un dos primeiros encontros que se producen entre o protagonista é Silvia ten como fondo una novela, Don Quixote (desta obra xa temos falado aquí, a propósito de Días de Reyes Magos)

“(…) Heller rebuscou no peto, sacou a foto de Silvia lendo o seu libro. Mirándoa máis de preto baixo as luces da oficina decatouse de que estaba a ler Don Quixote. Era un vello exemplar de páxinas amarelentas.(…)” ( páxina 125)

                                      ( Procedencia da imaxe)

“(…) Rebuscou debaixo da mesa. Despois de revolver en varios caixóns, Salim volveu asomar cun exemplar de Don Quixote. Ofreceullo a Heller sen dicir ren. Heller colleu o libro con cautela. Mirouno, sopesouno un pouco e levantou a mirada… (…)” Páxina 131.

Heller podería ler, con cautela, esta pasaxe  da obra:

Hoy es el día más hermoso de nuestra vida, querido Sancho;

los obstáculos más grandes, nuestras propias indecisiones; nuestro enemigo más fuerte, el miedo al poderoso y a nosotros mismos; la cosa más fácil, equivocarnos; la más destructiva, la mentira y el egoísmo; la peor derrota, el desaliento; los defectos más peligrosos, la soberbia y el rencor; las sensaciones más gratas, la buena conciencia, el esfuerzo para ser mejores sin ser perfectos, y sobre todo, la disposición para hacer el bien y combatir la injusticia donde quiera que estén.
(…)
En esto, le vino al pensamiento cómo le haría, y fue que rasgó una gran tira de las faldas de la camisa, que andaban colgando, y diole once ñudos, el uno más gordo que los demás, y esto le sirvió de rosario el tiempo que allí estuvo, donde rezó un millón de avemarías. Y lo que le fatigaba mucho era no hallar por allí otro ermitaño que le confesase y con quien consolarse; y así, se entretenía paseándose por el pradecillo, escribiendo y grabando por las cortezas de los árboles y por la menuda arena muchos versos, todos acomodados a su tristeza, y algunos en alabanza de Dulcinea.
(…)
Llenósele la fantasía de todo aquello que leía en los libros, así de encantamientos como de pendencias,

batallas, desafíos, heridas,

MlsrchncFQ6VlDj7k2W_0ztdOHKtqq11Wy1p5-rehvs,ksir1NqYjpQ0Of79BIjMg9UDWyHmdqnriLR2hBhYakg

( Fotografía de Luca Rosato. Fragmento da estatua de Cervantes, en Alcalá de Henares)

requiebros, amores,

tormentas y disparates imposibles; y asentósele de tal modo en la imaginación que era verdad toda aquella máquina de aquellas sonadas soñadas invenciones que leía, que para él no había otra historia más cierta en el mundo.

                                    ( Fragmento extraído de El poder de la palabra)

“(…) Heller abriu o libro, folleouno. As ilustracións eran espantosas, de pesadelo, sacadas dun mundo que a Heller lle resultaba estrañamente familiar. Monstros, ogros, cabaleiros e batallas, unha loita interminable. Na última páxina  aparecía Don Quixote postrado nunha cama, vello e moribundo. Os seus amigos e fieis servidores estaban reunidos ao seu redor, os rostros vencidos coa dor, as bágoas de Sancho corréndolle pola cara abaixo. (…)” ( páxina 132)

Non sabemos quen era o ilustrador da edición que lía Heller. Podería ser Gustave Doré, e entón Heller vería isto:

File:Gustave Doré - Miguel de Cervantes - Don Quixote - Part 1 - Chapter 1 - Plate 1 "A world of disorderly notions, picked out of his books, crowded into his imagination".jpg

( Procedencia da imaxe)

(Clicade sobre as palabras destacadas no fragmento anterior. Atoparedes máis debuxos de Doré. Podedes ver máis  aquí.)

” El Quijote pronuncia su discurso sobre la Edad de Oro”, por Salvador Dalí

                                                              ( Procedencia da imaxe)

Sabemos que a novela de Cervantes serve para conter soños, os deste tolo que buscou unha Idade de Ouro na época que lle tocou vivir, pero tamén para conter fotos:

“(…) Heller meteu a foto no seu exemplar de Don Quixote, que estaba no peitoril da fiestra.(…)” ( páxina 269)

Xa no final da historia o narrador di que “( …) Heller pechou os ollos de golpe, volveu ao cuarto de novo. Buscou debaixo da almofada e sacou o seu exemplar do Don Quixote. Abriuno pola primeira páxina e arrincouna. Levantou a vista do libro para mirar a reacción dela.(…)” ( páxina 286)

Non coñecemos a súa reacción. Máis si sabemos que, probablemente pensou, coma o grupo Asfalto, aquelo de “Pobre hidalgo, cómo luchó, quiso cambiar el mundo con sus sueños…” nalgún momento da súa lectura. Que importa arrincar a primeira páxina. A universalidade de D. Quijote trascende a aquel “lugar de la mancha de cuyo nombre ” Cervantes non quixo lembrase, porque ao fidalgo a Mancha quedouselle pequena.

                                                                                                                                  Grazas, Luca!! Polas túas “vistas” quixotescas.

Deixar un comentario

Arquivado en A cidade en chamas, Recomendacións