Arquivo por etiquetas: Antonio G. Iturbe

“La bibliotecaria de Austwichtz”

(Procedencia da imaxe)

E para rematar esta tanda de recomendacións que nos poden vir moi ben para ler e/ou regalar no Nadal, facémolo con “La bibliotecaria de Auschwitz”, un libro xa non tan recente coma as anteriores recomendacións, que acadou no 2013 o premio Troa de libros con valores. Como podedes imaxinar, está ambientado nese pozo de horror que foi Auschwitz, e ademais de levarnos a esa época e ese momento concreto da barbarie nazi da mán dunha protagonista basada nunha persoa real dunha supervivinte, tamén nos amosa a  importancia dos libros e o “perigo” destes. Xa sabemos que todos os gobernos totalitarios e outros non tan totalitarios, ou máis, lle teñen unha especial fobia ós libros.

A protagonista, Dita Adlerová, de 14 anos, é a encargada de custodiar os poucos libros que serven para instruir ós nenos do barracón 31, dun “campo familiar” de Auschswitz. Dita protexeu, coa súa vida (e aquí é en sentido literal) os libros, e os libros (nun quid pro quo, inexplicable) mantivérona con vida dentro do horror que a rodea.

A obra é do zaragozano Antonio G. Iturbe que se dedica ó periodismo cultural desde fai moito tempo. Está publicada en Planeta.

Deixar un comentario

Arquivado en Libros sobre libros, Recomendacións