Arquivo por etiquetas: Ana Alcolea

A visita de Ana

Aquí vos deixamos unha proba gráfica da visita da autora Ana Alcolea. Como sabedes, asistiron ao encontro os alumnos de 1º da ESO e os nosos compoñentes do club de lectura.

A escritora falounos con simpatía e calidez da xénese da súa novela El retrato de Carlota, contestou a todas as preguntas que lle fixemos e ata nos ensinou o verdadeiro collar de contas cadradas que desaparecera do retrato da bisavoa de Carlota. Foi un encontro moi gratificante, ameno e ben levado. Grazas, Ana pola túa visita e por non aburrirte escribindo!!! Nós tampouco nos aburrimos léndote!!!

 

Ana e os seus libros

Ana e os seus libros

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Visitas

“El medallón perdido”

Xa temos na biblioteca o libro El medallón perdido, novela que explica a historia do medallón que levaba a tía Ángela en El retrato de Carlota. Xa podedes ir buscalo ( sobre todo ti, Antía que querías saber da historia do medallón)

  (Procedencia da imaxe)

Narrada en 1º persoa, Benjamín conta a súa viaxe a África ( a África xa viaxamos con El niño que vivía con los avestruces e con La gacela, mais, neste caso, a escala é en Gabón) e alí descubre, co seu tío o que agocha este medallón e tamén que “la fuerza hay que buscarla dentro de uno mismo, no en un objeto ajeno” ( El medallón perdido, páx 29, editorial Anaya). Descubre a beleza dese continente, o sabor do xarope de rosas (como fixera tamén Carlota), o amor, os ritos dos nativos (tamén en La gacela “escoitaramos” a música do Congo), a ópera que adoitaba oír na súa casa o seu tío Sebastián, os perfumes…

Tosca” de Puccini

Son dúas novelas protagonizadas por sobriños que descubren, a través dos seus tíos, lugares exóticos do planeta lugares dentro de  si mismos que descoñecían.

Deixar un comentario

Arquivado en A selva africana, Recomendacións