Arquivo por etiquetas: Amélie Nothomb

Reunión e pintura en “Metafísica de los tubos”.

100_4178

O luns pasado reníuse o biblioTea, no que foi a primeira reunión deste curso en torno a un libro. Despertamos á lectura, coma a protagonista do noso libro despertou á vida, saboreando chocolate branco (grazas, Esme)

100_4179

O pracer do chocolate, o pracer da lectura. Aínda que seguimos tendo algún que se despista e non le o libro, os que si o fixeron compensáronnos dese contratempo, pois temos lectores ávidos, entregados e esixentes. E o que é máis, lectores que arrastran lectores. Foi para nós un pracer, recibir o comentario de Guille xa antes da reunión, foi estupendo escoitarlle dicir que o seu pai tamén se apuntou a ler o libro, o mesmo que a nai de Gemma. É fantástico que os pais/nais lean os libros que len os fillos, que ambiente mellor para falar dun libro que o ambiente familiar! É fantástico tamén que non só os pais lean os libros que len os fillos como unha supervisión das lecturas infanto-xuvenís, senón que os rapaces lean literatura sen idade e a compartan en familia.

Temos que dicir que dubidamos un pouco á hora de poñer este libro de Amélie Nothomb, “Metafísica de los tubos”, a  lectores tan xoves, pero arriscamos e gañamos. A pesar da dificultade inicial viron moi ben o cambio de persoa do narrador, por que e como se fai ese paso da terceira persoa á primeira. Os diferentes tipos de fronteiras que saen no libro, non só xeográficas, senón socias, raciais, etc. O telón de fondo histórico da historia persoal (segunda guerra mundial, o seu impacto en Xapón en diferentes clases sociais)

Viron as obsesións propias que a autora reflicte  no libro, percibiron alusións metaliterarias, todo isto nos da idea do nivel lector que temos este curso.

Gemma ocupouse de buscar unha entrevista á autora en El País con motivo da publicación deste libro.

A Christian o libro “encantoulle”; a Guille cautivouno a “ironía”; Iago, pouco expresivo nesta reunión, atopouno un libro “raro”. A Xoán Carlos resultoulle “moi forte”, segundo el mesmo dixo, el leuno desde a perspectiva dun pai.

Agora só nos queda agardar que os pais lectores se expresen a través dos seus comentarios  no blog. Farédelo? Lembrade que tamén podedes asistir ás reunións cando queirades e/ou poidades, non só tedes que vir a traer o avituallamento ós cativos.

Na hora de reunión tamén vimos na páxina de “El museo del Prado” o cadro de O Bosco, “O xardín das delicias”, ó que alude a protagonista do libro na páxina 127, na que falando dos seus desvelos di “A fuerza de frecuentar criaturas dignas de Jerónimo Bosco, mis insomnios, antaño maravillosos, se convirtieron en un martirio.”

Hai tamén unha alusión no libro a Rafael, pero a de O Bosco pareceunos máis significativa,  porque lle temos un especial cariño a esta obra, da que temos unha reprodución en lona que utilizamos nas “Misións pedagóxicas” no centro en cursos anteriores. Co recordo das misións recordamos tamén a Rodri, que agora está noutro centro e ó que botamos en falta e lembramos non só ó falar das “misións” da biblioteca.

Non imos perdernos en recordos deixamos unhas fotos do noso arquivo da “misións pedagóxicas”.

100_2287_resized(Museo ambulante en 1º A)

100_2484(“Xardín das delicias” e “Guernica” en 1º D)

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Reunión inicial

Este luns tivemos a primeira reunión do BiblioTea. O club lector deste curso está formado polos seguintes lectores: Jorge, Christian e Iago, que recuncan, e novas adquisicións que son: Guille, Javier, Luis e Gemma. Aquí os temos a todos á beira da exposición de biografías que fixemos na biblioteca, pois esta primeira reunión falamos de biografías.

100_4146_resized

 E así estaban de atentos os nosos lectores cando Xoán Carlos, o coordinador da biblioteca, lles falou da pequena biografía de Sarmiento, publicada por A  Nosa Terra, que Xoán Carlos nos trouxo á reunión e coa que el coñeceu a este importante e interesante, aínda que en certo modo ignorado, intelectual.

100_4147_resized

Tamén nos incluíu na nosa miniexposición o libriño de biografías “Doce grandes científicos” de Mª Milagros Villanueva Rodríguez, publicado por edicións Lóstrego, na colección Doce Grandes.

100_4133_resized

A biografía é o xénero por excelencia que fai un percorrido pola vida dunha persoa. Temos autobiografías, memorias, diarios que son diferentes tipos de escritos que nos contan a vida dunha persoa. Tamén hai pseudobiografías que nos contan só momentos da vida dunha persoa, pero momentos determinantes que nos dan unha perspectiva da vida completa.

Leunos Gemma (coa súa precisa e preciosa dicción) o capítulo dedicado a Isak Dinesen, pseudónimo de Karen Blixen (picando sobre o nome tedes a biografía virtual da autora de “Memorias de África” na páxina de Javier Marías), que está incluído no libro que nos trouxo Esme:” Interior azul”  de Anna R. Ximenos.

Da película homónima e do libro de Isak Dinesen, xa falamos neste blog (picade aquí para lelo)

En realidade calquera novela é unha biografía. Que importa se o personaxe é real ou ficticio, se naceu fisicamente ou da imaxinación dun escritor! Hai algúns que cobran tanta forza que podemos chegar a ver como máis reais ca moitas das persoas que nos rodean.

Hoxe quedamos xa para o primeiro luns de novembro e daquela viremos todos co libro de Amélie Nothomb, “Metafísica de los tubos”, lido e prestos para comentalo.

(Procedencia da imaxe)

De Amélie Nothomb xa fixemos varias recomendacións neste blog, de feito temos unha etiqueta no blog para ela. Esta autora, aínda que escribe libros de ficción, fai neles moitas alusións autobiográficas e, de feito, “Metafísica de los tubos”, pretende ser unha autobiografía da autora ata os 3 anos. Que parte de ficción e que parte de realidade hai no libro, xa o comentaremos na reunión.

Xa vos dixemos, ós participantes no club, que é un libro que vos pode resultar un pouco difícil, pero esa será a nosa “proba iniciática” para formar parte do BiblioTea.

Ó longo da vida, ás persoas xúrdennos diferentes retos. O proxecto lector do club deste ano ten que ver coas etapas da vida, polo que nós tamén vos iremos poñendo retos. E para comenzar, que hai máis difícil que o nacemento? Non nos lembramos, pero é un acto ben traumático. Saímos a este mundo chorando, gritando e se non é así, fannos chorar cun bon cachete. Así que, tamén o nacemento do club deste ano ten que ter certa dificultade. Non vai ser un parto fácil dixerir á Amélie Nothomb de “Metafísica de los tubos”, pero vai merecer a pena.

Agardámosvos o 1º luns lectivo de novembro.

2 Comentarios

Arquivado en Recomendacións

“Ni de Eva ni de Adán”. Amélie Nothomb.

Esta vai ser a fin de semana de Amélie Nothomb, picade na imaxe para ver a reseña do libro, a acción do cal se desenvolve en Tokio.

Así comeza o libro:

“Me pareció que enseñar francés sería el método más eficaz para aprender japonés”

E así remata:

“Yo era el samurai que debía dedicarle un libro a la siguiente persona”

Outra de Amélie Nothomb que lemos no club de lectura de fai dous anos, creo, cos de bacharelato, foi “Cosmética del enemigo”.

Neste que vos  recomendamos a propia Amélie autocita o seu libro “Higiene del asesino” (páx. 170 e 172) cunha temática similar ó anterior citado, un pouco máis longo, pero que ó meu modesto parecer, esa ganancia en páxinas non o é en intensade. Igual é válido o refrán castizo de “Lo bueno…” que todos sabemos.

A acción desenvólvese en Tokio. Os protagonistas fan unha viaxe a Hiroshima e ó monte Fuji. Deixamosvos con fotos de Hiroshima do arquivo de Juan e Geni. Os pes de foto son aportacións de Juan.

Foto de Hiroshima. Es el Hiroshima Peace Memorial, la única estructura que permaneció en pie después de la bomba. Pensaron eliminarla, pero al final se consideró un buen recordatorio de la guerra.
Si quieres leer lo curioso de cómo resistió a Little boy: http://en.wikipedia.org/wiki/Hiroshima_Peace_Memorial

En la parte del museo cerrado: la bici calcinada. Imagen muy típica.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións, Xapón

“Estupor y temblores”. Amélie Nothomb.

“Estupor y temblores”, a nosa recomendación de hoxe. Unha interesante obriña de a penas 143 páxinas, publicada en Anagrama. Por esta obra, Amélie Nothomb, de orixe belga que naceu no Xapón, pois o seu pai foi alí embaixador, obtivo o Gran Premio da Academia Francesa e Premio Internet, otorgado por primeira vez polos lectores internautas. A obra foi publicada en París no 1999 e traducida ó castelán por Sergi Pàmies e publicada en Anagrama, como dixemos, no 2000.

Esta novela é autobiográfica. Conta a historia dunha xove de 22 anos que comeza a traballar en Tokio nunha das máis grandes compañías mundiais. O título Con “estupor y temblores”, fai alusión a como quería o emperador do imperio do Sol Nacente que se presentaran ante eles os seus súbditos. Unha novela de forte carga irónica sobre o mundo das relacións laborais.

Mostra da ironía da autora, poderíamos poñer tantas outras, pero esta tena suliñada na súa edición a que redacta a entrada, é o seguinte fragmento:

“Rápidamente, me aprendí al dedillo todas las empresas y sus correspondientes secciones. La tarea me parecía cada vez más fácil. Era de un aburrimiento absoluto, lo que no me resultaba desagradable, ya que me permitía ocupar mis pensamientos en otras cosas. De este modo, consignando facturas, a menudo podía levantar la cabeza para entregarme a un momento de ensoñación admirando el hermoso rostro de mi delatora.”

     “Las semanas transcurrían y yo estaba cada vez más tranquila. Yo lo denominaba la serenidad facturadora. No existían tantas diferencias entre el trabajo de monje amanuense, en la Edad Media, y el mío: pasaba días enteros copiando letras y cifras. Mi cerebro no había estado tan poco solicitado en toda su vida, y descubría una extraordinaria tranquilidad. Aquello era el zen de los libros de cuentas. Me sorprendía pensando que no habría tenido ningún inconveniente en dedicar cuarenta años de mi existencia a aquel voluptuoso embrutecimiento.”

     “Y pensar que había sido lo bastante estúpida para hacer estudios superiores. En cambio, nada menos intelectual que mi cerebro alcanzando su plenitud entre la estupidez repetitiva…”

(Cita da edición citada, páx. 47)

Animádesvos a lela? Aínda faremos algunha recomendación máis desta prolífica autora. Estade alerta! Deixamos coas fotos e as aportacións de Juan.

Roppongi Hills. Rascacielos en Tokio.

Cruce en Tokio. No se percibe con claridad, pero es el cruce con más tránsito del mundo. Creo que un millón de personas/día. Hay vídeos en youtube.

2 Comentarios

Arquivado en Recomendacións, Xapón