Arquivos diarios: Novembro 7, 2016

O sol é xente

Onte comentamos o intenso vínculo que unía aos indios norteamericanos coa naturaeza. Nela habitaban as vidas dos seus antepasados, era unha nai para eles, un nó que os conectaba coa esencia da vida. Esta concepción case mística da natureza chea de amor e de respecto por ela tamén aparecen na película Dersu Uzala de Akira Kurosawa. Esta é a descrición da película que podemos ler en Dezine.com:

“La historia de una hermosa amistad. Más allá de los hermosos parajes de Siberia donde transcurre la acción, magníficamente fotografiados. Más allá incluso de la necesaria advertencia, teñida de ribetes ecológicos, acerca de la pujante civilización que transforma los lugares más bellos en… otra cosa. El gozne sobre el que verdaderamente gira esta obra maestra de Akira Kurosawa es la maravillosa relación que se establece entre el capitán Vladimir Arseniev, explorador del ejército ruso, y Dersu Uzala, un nativo siberiano al que conoce casualmente, y que le sirve como guía en sus esfuerzos por trazar un mapa topográfico.

Momento no que o capitán Arseniev coñece a Dersu. Entre eles nacerá unha profunda amizade. Dersu aprenderalle ao capitán a convivir coa natureza en plena armonía e tamén a respectala.

Paga a pena vela!!

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, O gran xefe Seattle

Doutor en Alaska

Alaska foi un deses lugares nos que habitaban tribus de indios que os colonizadores foron acurralando ata confinalos en pequenas reservas. Hai uns anos pasaban por televisión unha serie marabillosa: Doutor en Alaska.  Esta amosaba como era a vida dun médico que chega a Cicely (un pobo fictio de Alaska) que aínda mantén viva a filosofía dos indios nativos. Este xeito de ver a vida tan natural, tan pegado á terra, tan pouco materialista e racional sorprende ao recén licenciado doutor que terá moitos problemas de adaptación.

Ver algún dos capítulos da mesma (concretamente o 2 da segunda tempada) xusto despois de ler a carta do xefe Seattle sería un magnífico colofón para a lectura. Mais teremos que agardar un chisco. As series non están na biblioteca e hai que mercalas. Mentras tanto aí vai a banda sonora da mesma

e un anaquiño dun capítulo para que vaiades coñecendo os personaxes e as paisaxes de Cicely:

 

Deixar un comentario

Arquivado en O gran xefe Seattle