Arquivos diarios: Novembro 6, 2016

Unha banda sonora para a natureza

No blog de Dinamización Lingüística fixo Cándido unha recolleita de músicas en galego que reflicten tamén un compromiso coa terra non só como nación senón como lugar xeográfico, como espacio que máis veces das que debera a man do home perturba e destroza. Un exemplo desas cancións e bailes  é este videoclip de Quempallou. Chámase “En que terra me botaches” e pertence ao disco “Estremonías”:

Viches que ben bailan, Jorge?

Podedes entrar no blog para botarlle un ollo ás actividades que vai desenvolvendo o Equipo de Dinamización ou podesdes aceder directamente ás músicas ecolóxicas se  entrades  aquí.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Música, O gran xefe Seattle