Arquivos diarios: Abril 28, 2015

Pan e libros (continuación)

O pasado 23 de abril os compoñentes do club de lectura e parte do alumnda de 3º da ESO celebramos o Día do Libro con pan e libros, o que Lorca pedía para o pobo.

Primeiro visitamos unha panadería de Cea  e deixamos o pan facéndose. Tal vez a panadeira recitase estes versos de  Ángel González mentres roxaba o forno:

“Me basta así”

Si yo fuese Dios
y tuviese el secreto,
haría un ser exacto a ti;
lo probaría
(a la manera de los panaderos
cuando prueban el pan, es decir:
con la boca),
y si ese sabor fuese
igual al tuyo, o sea
tu mismo olor, y tu manera
de sonreír,
y de guardar silencio,
y de estrechar mi mano estrictamente,
y de besarnos sin hacernos daño
—de esto sí estoy seguro: pongo
tanta atención cuando te beso—; (…)

(Aquí podes ler o poema completo)

Vimos como se facía o pan, deixámolo no forno e marchamos a  Trasalba. Alí atopamos a casa grande de don Ramón Otero Pedraio:

Pazo de Trasalba onde viviu Otero Pedraio parte da súa vida

Pazo de Trasalba onde viviu Otero Pedraio parte da súa vida

 

Xa con fame dirímonos a Oseira. Ao chegarmos, un mosteiro digno dunha novela de Umberto Eco recibiunos, poderoso , ecléctico en estilos e en pétrea beleza.

Alí agardábannos os alumnos do CIP “Virxe da Saleta” de Cea para xantar xuntos:

En Oseira despois de xantar

IES “Val do tea” e CIP “Virxe da Saleta”

Os lectores do Club antes de entrar no mosteiro

Os lectores do Club antes de entrar no mosteiro

Visitamos o mosteiro mentres un monxe nos explicaba a historia do edificio, das destruccións e das resurrecións do mosteiro. O que non nos contou foi isto:

“(…) O baldaquinado barroco da Igrexa do mosteiro de Oseira foi protagonista dunha das máis sanguentas traxedias de Galicia que comezaba o mil novecentos. Os sucesos teñen a súa orixe en abril de 1908, durante unha visita pastoral do Bispo de Ourense, D. Eustaquio Ilundain e Esteban, quen manda retirar o baldaquino do mosteiro cisterciense de Oseira ante o seu mal estado de conservación. Non contaba o prelado coa recia oposición dos veciños do lugar, que en febreiro de 1909 paralizan calquera intento de desmonte do baldaquino.

Ante a imposibilidade de chegar a calquera compromiso, o bispo vai recorrer ao Gobernador Civil da provincia. Así, en abril de 1909 os carpinteiros chegan a Oseira para retiralo baldaquino, acompañados pola Garda Civil encargada de protexelos. Non se achican os veciños que, armados con fouces e outros útiles de labranza, encérranse na igrexa do mosteiro. Ao non conseguir vencer a súa resistencia, a Benemérita fará uso das súas armas, co resultado de sete mortos e doce feridos. A matanza de Oseira permaneceu na memoria popular, situación á que sen dúbida contribuíron as coplas de cego escritas para rememorar os sucesos. Finalmente, o baldaquinado non sería retirado ata 1925 (…)” O texto está extraído de aquí.

Contemplamos a prezada biblioteca e, coa imaxe dos libros (que alí descansan  na balaustrada de madeira de castiñeiro) envolta na memoria, recollemos o rico pan de Cea, enchoupámonos do/co seu olor e fomos ás termas descansar o corpo e abrazar unha agua morna que nos soubo a solpor impresionista. É unha mágoa que non teñamos fotos das termas pero levámolas na memoria (Gemma dixit).

E xa na casa, algúns, adormecemos  ao caloriño dun libro, que tamén é pan.

“Tamén hoxe en Trasalba

a vella casa queixumosa e longa

boga máis lembradoira cara ó poente

e soña nos seus fumes os pasados

das ialmas e os destiños. Os mantelos do tempo

frotan encol das augas, e os ronseles

dos antigos nadales rechouchían

escumas no recordo… (…)

                                                   Ramón Otero Pedraio, Poesía, editorial Galaxia

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Celebracións