A nosa travesía pola fiestra valdeira

Fai xusto unah semana xuntámonos para falar de A fiestra valdeira. Neste ocasión non temos fotos que dean conta gráfica da mesma, pero ben sabedes que existiu.

Arredor das galletas mariñeiras (das que me falara Paco) e dos lacasitos que nos mercou a nai de Gemma (grazas, Cándida!!) puxemos en común as nosas lecturas. Desta vez non gustou moito a obra. Parece ser que aos lectores non os enganchou o conflito vital do protagonista. Que se lle vai facer!!! Tal vez sexan demasiado novos!!

O que si lles gustou foi o descubrimento da existencia das Misións Pedagóxicas durante a II República. Como vin interese polo tema déixovos aquí a recomendación do libro do que vos falei: Xograres dun tempo novo, de Pepe Carballude (está na sucursal da biblioteca sita no corredor).

A novela conta a historia de Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, que, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas. Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entre o rural e o urbano, entre a aldea e a cidade, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís. Francisca Porta rememora este pasado vivencial que tamén lle axuda a levar mellor as feridas magoantes da vida. ( Información que aparece na contracuberta do libro).

A doncela guerreira1“A doncela guerreira” de Os Monicreques de Kukas

Se vos fixades na cuberta do libro veredes un debuxo  de Beatriz García Trillo, a ilustradora do libro, no que aparece escrito “Retablo de fantoches”. Como sabedes, esta sección, a dos monicreques, foi creada por Dieste. Para inaugurala, el compuxo A doncela guerreira, estrenada en Malpica. Pois ben, aquí vos quedan unhas fotos dos monicreques creados por Carlos Portomeñe e por Kukas para o espectáculo baseado nesa mesma historia.

A doncela guerreira2

Carlos, moitas grazas polas fotos e por seguir crendo no poder, e na esencia, das Misións Pedagóxicas republicanas!! Aquí tedes máis información sobre monicreques de Kukas.

 

 

 

 

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en A fiestra valdeira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s