Arquivos diarios: Abril 11, 2015

A fiestra valdeira

A fiestra valdeira. Comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro conta a historia de don Miguel, un vello emigrante retornado que encarga un retrato. O pintor, Antonio, ponlle ao cadro, como fondo, unha fiestra que reproduce o ambiente mariñeiro da vila e tamén as orixes de Miguel. Isto provoca un conflito entre a muller e a filla do emigrante que volveu. Elas queren que o fondo sexa un xardín fidalgo, pero o propio pintor e os amigos mariñeiros de don Miguel prefiren o fondo orixinal xa que ese recollía a esencia da orixe e da vida do ancián.

Ese cadro e esa fiestra aparecen como elemento simbólico, pois neles, especialmente nese pedazo do cadro que queda baleiro, áchase un dos temas fundamentais da peza: a asunción da propia identidade, individual e colectiva.

“Ise buraco é para min o portelo por onde fuxiron como pombas as lembranzas e tornaron viradas gaviláns” comenta don Miguel no terceiro acto.

A obra foi representada polo CDG no ano 1994 sendo don Miguel o xa finado Xosé Manuel Olveira “Pico“:

 

Aquí tedes fragmentos da peza:

Deixar un comentario

Arquivado en A fiestra valdeira, Teatro