Rafael Dieste

Mentras eu tecleo isto vós estaredes lendo xa A fiestra valdeira, a obriña que será obxecto de comentario o vindeiro luns 13 de abril (mes da República e da Revolución dos cravos).

Quereredes saber quen é o autor da peza que ledes?  Trátase de Rafael Dieste:

Rafael Dieste visto por Soledad Calés

Rafael Dieste foi un dramaturgo galego e un recoñecido narrador. Naceu en Rianxo no 1899 e morreu en Compostela no 1981. Nos anos 20 comezou a exercer o xornalismo en Vigo e a publicar a súa obra en galego.  Destacan o seu libro de relatos Dos arquivos do trasno (pequena mostra do “realismo máxico” galego) e as súas pezas teatrais O drama do cabalo de xadrez (obre breve incluida en Dos arquivos do trasno) e A fiestra valdeira.

Foi un home comprometido coas ideas da República e viuse obrigado a exiliarse despois da Guerra Civil.

Aquí podedes ler máis información sobre a súa vida e obra.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Teatro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s