“HELMER: Non?, non fuches feliz?
NORA: Non, soamente alegre. Sempre fuches tan bo comigo. Pero o noso fogar nunca foi outra cousa ca un cuarto de xogos. Fun a túa muller-boneca, como fun a nena- boneca do meu pai. E os nenos foron as miñas bonecas. Cando te puñas a xogar comigo parecíame tan divertido, da mesma maneira que os nenos se puñan contentos cando eu xogaba con eles. Así foi o noso matrimonio, Torvald.
(…)
NORA: Xa non creo niso. Penso que primeiro son unha persoa, eu son un ser humano coma ti. Ou polo menos farei un esforzo para selo. Xa sei que a maioría da xente che dará a razón, Torvald, e algo debe aparecer nos libros. Pero eu xa non podo seguir facendo o que os demais opinen, Torvald, nin o que din os libros. Teño que pensar por min mesma e tomar as miñas propias decisións.
(…)
HELMER: (Déixase caer nunha cadeira preto da porta e agocha a cabeza coas mans) Nora, Nora. Baleiro. Xa non está… (Parece que ten unha esperanza) Un milagre?
Escóitase como pecha a porta da rúa.”
Ibsen, Henrik, Casa de bonecas, editorial Xerais (IGAEM)
Podedes ler aquí un artigo sobre o feminismo en Casa de bonecas.