¡Fuenteovejuna, todos a una!

Ainda que, desta volta, non ides ler o libro na casa si podedes botarlle unha ollada a este pequeno estudo da obra que estamos “dramatizando”.

Fuenteovejuna é unha obra de Lope de Vega escrita no século XVII e que  participa de todas as ideas renovadoras que do teatro tiña o seu autor. Vexamos un pouco en que momento e como se desenvolve a comedia.

CONTEXTO HISTÓRICO

Os feitos que se amosan na obra  acontecen a finais do século XV. Era a época do reinado dos Reis Católicos, Isabel e Fernando. Hai que lembrar que o reinado comeza con unha guerra civil, motivada pola sucesión de  Henrique IV de Castela. Nela enfrentáronse os partidarios de Isabel, a irmá do rei, e os de Xoana a Beltranexa, filla ilexítima de monarca. A victoria definitiva dos Reis Católicos tivo lugar no 1476, ano no que se sitúa a acción da obra.

Cómpre salientar tamén a importante presencia ( e poder) que neste momento tiñan as Ordes militares. Estas desempeñaron un importante papel na Reconquista e repoboación de Castela. Destacan as de Santiago e a  de Calatrava. Ambas posuían grandes dominios señoriais (coma feudos) rexidos por Comendadores, co mestre á  cabeza. O seu poder era tal que, para contrarrestalo, os reis fundaban dentro dos territorios da Orde, uns enclaves que dependían directamente da Coroa: as vilas reais. Unha delas foi Cidade Real. As tensións entre as ordes militares ou a nobleza en xeral e a monarquía eran moi fortes ata a época dos Reis Católicos, que fortalecerían o poder real.

Feitos históricos

En abril de 1476 lévase a cabo  unha sublevación popular en Fuente Obejuna, Córdoba. Lope coñécea a través das crónicas medievais.

Esta vila, en contra do desexo dos veciños, fora entregada por Henrique  IV á  Orde de Calatrava e estaba baixo  o mando do despótico Comendador don Fernán Gómez de Guzmán. Este, por outra parte, convencera  ao xove  Mestre don Rodrigo Téllez Girón para que tomara partido contra os Reis Católicos, a favor da Beltranexa.

 

A COMEDIA

Situándonos na época de Lope (século XVII), o autor mira os feitos desde os ideais dominantes da España dos Austrias (monarquía absoluta): fòra dos Reis  non hai salvación, a súa xurisdicción è sinónimo de paz,
xusticia, orde, concordia; con eles quedan borrados os riscos das inxustas situacións feudais.

 

Estrutura e temas

Na obra hai una acción con un doble fío. O principal se desaenvólvese nun plano privado (social e moral): son as actuacións do Comendador na aldea, que se cruzan con la historia amorosa de Frondoso e Laurencia.O secundario sitúase no eido público ou político, e comprende o enfrontamento da Orde de Calatrava coa Coroa. Os dous fíos vanse  alternando e fúndense no desenlace. A  conexión entre ambos é o personaxe do Comendador, traidor cos reis  e tirano co pobo. A obra presenta o contraste entre o noble déspota e o pobo sinxelo,  digno e honrado.

 

Nós leremos esta adaptación de Ricardo Gómez, publicada por SM

Segundo Juan María Marín na edición que preparou para Cátedra (a quen collemos como fonte para escribir esta entrada), os temas pricipais da obra son: a defensa da monarquí absoluta, a rebelión do individuo contra a orde social

 

o amor (especialmente o conflito amor natural, egoísta/ amor como harmonía)

 

o honor e a honra (temas moi habituais nas comedias do Barroco),

 

a oposición corte/aldea ou o eloxio da vida do campo e a visón da muller  como fonte de rebeldía e valentía, que se traduce neste coñecidísimo monólogo de Laurencia:

 

Non sei se o director de cine  Sergio Cabrera leu Fuenteovejuna ou non, pero a película que dirixiu: La estrategia del caracol,  garda certa similitude coa obra de Lope. O filme ten tamén como protagonista a un pobo (neste caso unha comunidade de veciños) que se enfronta a un acto innoble e inxusto. Aquí vos queda un trailer da película, por se queredes comprobalo:

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Teatro

Unha resposta a “¡Fuenteovejuna, todos a una!

  1. Case debería volver á secundaria como alumno e reestudar algunhas materias como a literatura, pola que pasei sen pena nen gloria.

    —– Mensaxe de Club de lectura BiblioTea ———        Data: Fri, 9 Jan 2015 12:00:30 +0000          De: Club de lectura BiblioTea Responder-A: Club de lectura BiblioTea      Asunto: [Artigo novo] ¡Fuenteovejuna, todos a una!           A: candido.fernandez@edu.xunta.es > > > > clubdelecturabibliotea posted: “Fuenteovejuna é unha obra de Lope > de Vega escrita no século XVII e que  participa de todas as ideas > renovadoras que do teatro tiña o seu autor. Vexamos un pouco en que > momento e como se desenvolve a comedia. CONTEXTO HISTÓRICO Os feitos > que se amosan na” > > > > > >

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s