Imos á comedia

Comezamos o ano 2015 cun salto atrás no tempo, concretamente aos séculos XVI e XVII. Épocas de crise e decadencia semellantes á actual (ai, a condición humana! Sempre caemos nos mesmos erros! ) que describiu moi ben Quevedo no seu soneto “Miré los muros de la patria mía“, pero época dourada para as letras.  Especialmente para o teatro, que se convertiu nun fenómeno imparable para todos, nun espectáculo popular, isto é, para o pobo. Xa vimos  que o teatro de Shakespeare, o isabelino, tamén gozaba de grande éxito.

Na literatura castelá destes séculos dourados, como xa vimos en entradas anteriores,  desenvolvéronse varios tipos de teatro: o cortesano, o relixioso, o teatro cómico e popular e a comedia española. O primeiro tiña lugar nos palacios dos reis e dos nobles; o segundo, como xa deducimos polo nome, nas igrexas e nas rúas sobre carros decorados. O cómico e popular, personalizado, sobre todo nos pasos de Lope de Rueda e nos entremeses de  Cervantes (lectura para comentar este mes) producíase en plazas e en mesóns. Finalmente, xorde, xa no Barroco, no século XVII, a comedia española creada por Lope de Vega ( de quen leremos unha comedia na seguinte sesión)  e que se desenvolvía nos currais de comedias.

Ainda que hoxe o termo comedia está reservado para obras teatrais de carácter cómico, nos séculos XVI e XVII este facía referencia a toda representación teatral, xa fose comedia, drama ou traxedia. O acto de asistir á representación chamábase ir á comedia. Vaiamos pois!!

Fagamos antes unhas aclaracións previas para ver exactamente a onde imos:

A función teatral duraba de catro a seis horas. A representación constaba dunha obra maior e de varias composicións menores, que se distribuían do seguinte xeito:

1_ Loa: breve diálogo en verso mediante o que a compañía se presentaba ao público. Adoitaba ser unha gabanza da cidade ou dalgún poeta local.

2_ Primeiro acto ou xornada da obra principal.

3_ Entremés (peza breve e divertida de sátira social)

4_ Segundo acto ou xornada.

5_ Jácaras ou mojigandas (cantigas populares de carácter burlesco)

6_ Terceiro actou ou xornada.

7_ Baile final ou fin de festa (público e actores bailaban)

 

No entremés que estades lendo “El retablo de las maravillas”, os comediantes aproveitaban o patio da casa do rexidor Juan Castrado para representar a súa insólita función. Unha manta sírvelles para desplegar a maxia do teatro, que remata, como sabedes, sendo unha estafa. Este atrezo tan sinxelo lémbranos as humildes orixes do teatro nos séculos XV e XVI, tal como describe Cervantes no seu prólogo aos Entremeses:

 

(Procedencia da imaxe)

“(…) todo lo que necesitaba un director de comedias cabía en un saco, y se reducía, poco más o menos, a cuatro pellizas blancas adornadas de guadamecí dorado, cuatro barbas y cabelleras y cuatro cayados de pastor (…) No existían en aquellos tiempos complicadas tramoyas, ni combates de moros contra cristianos a pie ni a caballo; no había ningún personaje que saliese o parecies salir del centro de la tierra por el hueco del escenario, pues este se construía solo con cuatro bancos formando un cuadrado, y cuatro o seis tablas encima , de modo que apenas se elevaba sobre el suelo cuatro palmos. Ni que decir tiene que tampoco bajaban del cielo nubes con ángeles o con almas. El decorado del teatro era solo una manta vieja tensada con dos cordeles de un extremo a otro, que separaba la escena de lo que llaman vestuario, en el cual se colocaban los músicos, quienes cantaban sin guitarra algún romance antiguo(…)”

Páginas 5 y 6 de Entremeses, de Miguel de Cervantes, adpatación de Emilia Navarro Ramírez para a  editorial Bambú.

A mediados do século XVI fixéronse imprescindibles espacios acondicionados para as representacións teatrais, dado o éxito do público. Para iso, as cofradías ( as cofradías relixiosas, xurdidas ao abeiro dos gremios ou asociacións de aretesáns, tiñan ao seu cargo labores sociais, en especial de beneficencia hospitalaria, e apoiaban  o teatro popular como forma de financiación de tales obras) habilitaron algúns patios de vivendas ou de mesóns.  Lembrade que aconteceu o mesmo co teatro isabelino. Ao principio, as confradías pagaban o aluguer deses patios ao aire libre, mais remataron construindo os seus propios currais de comedias. Aquí podedes ver como son estes lugares:

 

 

Algúns do teatros máis destacados son o do Príncipe (1853), o da Cruz (1679) en Madrid, o de Alcalá, terra natal de Cervantes, ou o de Almagro, Ciudad Real, lugar no que se celebra un importante festival de teatro clásico en xullo.

Curral de comedias de Alcalá de Henares

Curral de comedias de Alcalá de Henares. Foto de Luca.

Outra imaxe do teatro

Outra imaxe do teatro. A parte de abaixo do mesmo, ocula ao público. Outra foto de Luca.

Durante o século XVI as compañías de actores eran ambulantes. Polo seu modo de vida non eran ben vistos polos moralistas; porén, profesábaselles grande admiración.

Mais coa aparición dos currais de comedias no século XVII formáronse dous tipos de compañías: as de título e os “cómicos da legua”. As primeiras eran compañías de carácter profesional e con permiso para representar, baixo o compromiso de ser controladas polas cofradías dos gremios. Os cómicos da legua eran así chamados porque non podían representar a menos dunha legua das cidades (uns cinco quilómetros) e, polo tanto, das compañías autorizadas. Adoitaban ser grupos reducidos, ás veces formados polos membros dunha mesma familia.

Os integrantes dunha compañía teatral eran o autor ou director da compañía (En “El retablo de las maravillas”, Chirinos e Chanfalla, os comediantes estafadores, son chamados autores), o poeta (autor do texto, ás veces o autor e o poeta eran a mesma persoa) e os comediantes ou actores. En España, si se lles permitía actuar ás mulleres, non como ocurría, por exemplo, no teatro iasabelino).

 

Nota: para a elaboración desta entrada baseámonos no estudo elaborado por Emilia Navarro Ramírez e  Alfredo Reina león que está recollido na adaptación que ela fixo dos Entremeses de Cervantes. O libro está publicado por Bambú. Como sabedes, na vindeira xuntanza comentaremos a obra.

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar, Teatro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s