A recomendación de hoxe non é de libros sobre libros, aínda que a obra comeza cunha cita de Borges “Felices los amados y los amantes y los que pueden prescindir del amor. Felices los felices”. Esta é a última obra de Yasmina Reza, publicada por Anagrama o pasado setembro, se non a lestes aínda, podedes reserva a lectura para Nadal, aínda que Yasmina Reza igual non é unha lectura que teña moito que ver co espíritu de nadal. Na súa obra vanse desgranando as vidas de 18 personaxes relacionados entre sí por vínculos sentimentais, e as súas vidas non son felices nin exemplares, senón que están cruzadas pola dificultade ás que se enfrontan para vivir, o tedio no amor e o medo á morte.
Personalmente, sempre me quedei con “Arte” ou “Una desolación”, pero “Felices los felices” tamén se pode recomendar. Da mesma autora podedes ler tamén “En el trineo de Schopenhauer”, “Hammerklavier”, todas elas publicadas en Anagrama.
E aquí deixamos o post, para ir alternando recomendacións breves con outras máis longas 🙂 Por certo as obras de Yasmina son todas ben curtas, desas que non queres que acaben e acaban rápido demais pola brevidade mesma da obra, non só pola calidade.