Moito ruído e poucas noces

 Moito ruído e poucas noces, foi composta por William Shakespeare no 1598 e estrenada,  posiblemente, no outono dese mesmo ano.

Fotograma da película homónima

Trátase dunha comedia romántica de enredo, de raíces latinas (concretamente do dramaturgo Terencio) e italianas. As influencias clásicas están presentes en:  infamia contra Hero* organizada por don Juan, a cólera de Claudio e a ruptura matrimonial da parella, as intrigas amorosas salpicadas de dificultades, os ciumes e os malentendidos. O propio nome dunha das protagonistas da obra, Beatriz, tamén ten reminiscencias literarias e italianas. Esta era a amada de Dante Alighieri, poeta italiano. Foi a súa musa, fonte de inspiración dalgúns dos máis fermosos poemas de amor.

Tan honesta parece y tan hermosa
mi casta Beatriz cuando saluda,
que la lengua temblando queda muda
y la vista mirarla apenas osa.

 

*Na mitoloxía grega Hero é unha sacerdotisa de Afrodita namorada de Leandro. Hero residía na costa grega de Helesponto, mentras que Leandro moraba nunha colonia da costa asiática. Conta a lenda que Leandro atravesaba a nado o estreito todas as noites para reunirse coa súa amada Hero (que o guiaba desde a súa torre coa luz dunha lámpara) Unha noite, a luz desta apagouse e Leandro foi arrastrado polas ondas ata a orilla grega. Á mañá seguinte, Hero atoupouno morto, abrazouno e meteuse no mar con el para fundirse coa súa alma.

 

“Dante e Beatriz”, de Henry  Holiday

(Procedencia da imaxe)

Mais os episodios da parella central son invención de Shakespeare. Este soubo enriquecer a materia dotándoa de fondura humana, ofrecendo criaturas individualizadas, alonxadas do prototipo.

A obra céntrase no amor e no dano que os malentendidos ou a traición poden causar. Desenvolve de principio a fin dúas tramas paralelas que funcionan en perfecta sincronía: a historia de amor de Claudio e Hero (que roza a
traxedia) e a rivalidade de Beatriz e Benedicto (que é máis cómica e desenfadada)

 

Claudio e Hero forman a parella de namorados que viven nun mundo idílico ata que esta se rompe pola intervención do malvado Don Juan.

(Procedencia da imaxe)

Por outra parte, Benedicto, dende a súa primeira aparición, mostra un humor feriente cara ás mulleres e o amor, sendo o centro das súas críticas a moza Beatriz, sobriña do gobernador Leonato e curmá de Hero, que derrota a Benedicto nas súas pelexas verbais. A rivalidade da parella irase trasformando en amor segundo trascorre a acción.

 

(Procedencia da imaxe)

Como xa sabemos, o sistema dramático de Shakespeare (e do teatro isabelino) desborda os moldes e reglas da arte clásica.A súa única coincidencia con esta é que mantén os cinco actos clásicos.

Nesta obra ráchase coa norma das tres unidades dramáticas do teatro clásico e mestúranse situacións e personaxes
cómicos e tráxicos. A historia acontece en Mesina, nun entorno siciliano con escenarios variados (xardíns, aposentos e festas cortesanas) e dura máis dun día. Asemade mestura rexistros graves e leves, líricos e paródicos.

Nos diálogos mostra grande variedade de rexistros, alternando a  linguaxe solemne coa familiar. Este sistema dramático ten moitas coincidencias co modelo español desenvolvido por Lope de Vega, unha fórmula que triunfou nos escenarios durante moito tempo.

Algúns dos temas que son tratados polo autor nesta obra son: a ledicia de vivir e os seus problemas, a traición, a realidade e a apariencia, a fraxilidade da felicidade, o amor e as trampas amorosas, o matrimonio e a solteiría, a visión do outro sexo…

Disfrutade da peza. O luns verémos a película baseada na mesma.

(Procedencia da imaxe)

 

Se clicades aquí atoparedes a ficha técnica da mesma. A continuación tedes un fragmento da mesma:

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Moito ruído e poucas noces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s