Outra recomendación 2×1.

Esta recomendación de 2x 1, atópase así en Círculo de lectores.  Trátase de “Los Corruptores” de Jorge Zepeda Patterson e “Las reputaciones” de Juan Gabriel Vásquez.

Da primeira deixámosvos o anuncio de Planeta de Libros México:

 

Corrupción, intrigas políticas, asasinatos, narcos…pero tamén unha amistade de tres personaxes que perdura a través dos anos, aínda que a trama central se desenvolve entre un martes 19 de novembro ás 5 p.m. e un venres 6 de decembro. Un lapsus de tempo de nin siquera un mes, pero no que moitas vidas cambian para sempre e outras vense truncadas.

Unha historia que pode parecer inverosímil, pero según di o autor na súa nota final “la trama se queda corta con respecto a lo que realmente sucede en las esferas del poder en México y, para el caso, en cualquier otro país” , tamén di na mesma nota: “Y es que, en efecto, la política real suele ser inverosímil”

Recomendable se vos gusta a novela negra e a actualidade novelada nunha prosa rica, irónica e fácil de ler.

Jorge Zepeda Patterson, o autor, é un analista e periodista mexicano, que escribíu varios libros e neste básase en datos da súa experiencia periodística.

E de México imos a Colombia con “Las reputaciones” , a nova novela do que foi premio Alfaguara  2011 con “El ruido de las cosas al caer”: Juan Gabriel Vásquez

Portada de Las reputaciones

(Procedencia da imaxe)

Nesta novela curta é importante non só o que se nos amosa explicitamente no presente do protagonista, senón tamén o que se nos presenta de xeito implícito no pasado. A importancia da memoria ou da desmemoria, unha obra que nos leva a unha serie de reflexións mentras nos paseamos pola vida do protagonista, un caricaturista político que chegou a ter unha influencia vital na vida política do país.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s