“La lección de August”. R.J. Palacio.

Outra recomendación publicada por  Nube de Tinta: “La lección de August” de R. J. Palacio. Desde que se publicou, xa en febreiro do 2012, convertiuse nun éxito de ventas.

 

Aínda que de entrada pode non chamar moito a atencion, a historia céntrase na vida de August durante un curso, e este non é un curso calquera, porque August tampouco  é un neno calquera.

É a primeira vez que asiste a unha escola, aínda que xa comeza 5º de primaria. Os seus problemas físicos impedíronlle facer unha vida coma a de calquera outro neno.

A historia está narrada desde o punto de vista do protagonista, August, e máis diferentes personaxes. Unha emotiva historia da relación entre compañeiros, irmáns, amigos, familia… desde a perspectiva dunha persoa que ten que enfrontarse día a día co feito de ser “diferente” e tamén das persoas que se relacionan con ese neno “diferente”, unha lección que todos deberiamos aprender antes de comezar calquera curso. Por iso pode ser unha boa lectura de verán,  porque durante o curso todos nos atopamos en algún momento con persoas dalgún xeito diferentes, e incluso nós podemos ser persoas “diferentes”.

Se queredes agardar a setembro para lela, tedes o libro na biblioteca.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s