Dous por un

E desta vez si que incluímos un par de lecturas desas que vos poden acompañar nun momento de espera nunha estación, na terraciña onde agardades a un amigo pouco puntual ou en calquera momento.

Son relatos breves, que na primeira recomendación convén ler sucesivamente, según nos recomenda o autor, no segundo, vós mesmos.

De Fernando León de Aranoa, o director de cine,  temos “Aquí yacen dragones”. Según reza na contraportada da edición de Seix Barral Este libriño de 190 páxinas son “113 pezas narrativas que sorprenden, inquietan e despertan a fantasía grazas a unha prosa que descubre a Fernando León de Aranoa coma un dos escritores máis elegantes da literatura contemporánea recente.”

Comeza cun aviso a lectores que nos indica o xeito de lelo, que vos dicía antes e logo continúan os pequenos relatos sobre cousas moi cotidianas que desborda imaxinación.

Tanto esta coma a seguinte recomendación non sei se poderían encadrarse nunha definición coma “o absurdo do cotidiano” ou “a cotidianidade do absurdo” por xogar un pouco coa lingua.

Aquí vos deixamos un vídeo da presentación do libro:

De Santiago Alba Rico temos “Noticias”. Na contracuberta do libro, publicado por Caballo de Troya, dísenos:

“Aunque muchas veces falsa o incompleta, hay incluso demasiada información sobre lo que ocurre. De lo que no ocurre, en cambio, no se ocupa nadie y no sabemos nada, y eso que a menudo lo que no llega a suceder puede ser, si no más real, mucho más verdadero que lo que si ha sucedido”. Aí vos queda iso.

(Picar na imaxe para ver a procedencia)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s