“La verdad sobre el caso Harry Quebert”. Joël Dicker

Continuando coas nosas “recomendacións estivais”, desta vez vai unha para esas longas tardes de praia.

Portada de La verdad sobre el caso<br /> Harry Quebert

(Procedencia da imaxe)

Marcus Goldman é un escritor que despois do seu primeiro e apubullante éxito se atopa ante a crise da páxina en branco e vai visitar ó seu mestre e amigo Harry Quebert. Nese momento é cando se descubren no xardín da casa do mestre uns restos que pertencen a unha rapaza de 15 anos desaparecida fai uns 30 anos.

É unha novela longa, de intriga, na que o autor vai xogando co lector facéndolle crer que atopou o culpable e dándolle volta á trama de xeito que todos os personaxes de Aurora, o pequeno pobo onde transcurre a acción, pasan en algún momento por seren os culpables na mente do lector. Pero en realidade só hai un (ou dous?) que o son e moitos outros que gardan segredos que os fan parecer ou crerse eles mesmos culpables.

Non é unha novela para ler no aeroporto ou na estación mentras esperades o avión ou o tren que vos leven ó voso destino de vacacións (se vos engancha a lectura corredes o risco de quedarvos en terra). Son case unhas 700 páxinas de lectura entretida: Unha trama que nos recorda unha nova Lolita, por veces. Unha novela de investigación criminal pouco ortodoxa, outras. Salpicada de reflexións sobre o oficio de escritor, da produción de grandes éxitos no mundo editorial e temas máis xerais coma o efímero da información neste mundo desbordado por ela…

A acción sitúase no ano da elección de Obama coma presidente dos Estados Unidos, pero os feitos investigados remóntanse a 33 anos antes.

Na humilde opinión da que escribe a novela entretén, aínda que un pouco excesiva con respecto ós personaxes e os temas (aparece  incluso o elemento esotérico) e por momentos parece que non facemos máis que dar voltas sobre o mesmo e volvemos ó camiño andado.

De tódolos xeitos foi o libro elixido “mellor libro do ano según os lectores de El País”, no 2013, polo que ou ben resulta certo o que se nos di nas reflexións sobre os fenómenos editoriais ou estamos ante un autor revelación que pode dar moito de si. Joël Dicker, é un xove autor de Xinebra, nacido en 1985, de antecedentes rusos e franceses, que xa levou varios premios, entre eles o Goncourt de Lycéens pola obra que nos ocupa.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Lecturas estivais, Libros sobre libros, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s