Recomendacións estivais

Este ano non pechamos temporalmente por vacacións. En realidade un club de lectura nunca pecha e, por vacacións se cadra faise menos visible, pero ábrese aínda máis. As veces paramos a actividade para asimilar con calma o publicado durante o curso, pois “ars longa, vita brevis”, pero este ano imos abrir unha categoría de “Recomendacións estivais”

Editorial Nube de tinta , di na súa publicidade que “nace con la vocación de albergar contenidos de ficción, fundamentalmente novelas, cuyo abanico de lectores sea tan amplio como amplio es el placer de la lectura, que desconoce edades y géneros. Nuestro objetivo es ofrecer aquí ese tipo de obras cuya lectura atrae tanto a adolescentes como a adultos, obras con distintos niveles de lectura que apelan por igual a los intereses y sensibilidad de gente muy diversa”.

Desta editorial recomendamos Bajo la misma estrella”  de John Green.

Bajo la misma estrella

Novela con protagonistas adolescentes ó final da súa breve vida. Interesante para centrarse no valor do “aquí e agora”, da amistade, do amor, da importancia das lecturas na nosa vida.

A adolescencia e a morte ligadas polo cancro, unha realidade cada vez máis frecuente, desgrazadamente.
Imposible non recordar “Cuarta planta” , dirixida por Antonio Mercero no 2003, ou a máis recente “Pulseras vermellas”.

Os protagonistas teñen personalidades un tanto peculiares o que lle da á obra ese punto irónico e de humor negro. Boa lectura para poñerse na pel dos outros: desmitificadora por un lado, tráxica sen dúbida, pero tamén tenra e sensible. Recomendable se vos gustan as lecturas “como a vida mesma”, na que non sempre os finais son felices.

Tamén está o tema dos soños cumpridos ou non cumpridos, da relación do escritor coa súa historia e incluso cos seus lectores. Hai referencias literarias importantes reais (Sylvia PlathAnna Frank) ademais das ficticias, que teñen un peso importante no argumento.

Estas son unha pinceladas sobre a novela, feita de presa e correndo logo de lela. Se a ledes, ou xa a lestes, agardamos os vosos comentarios.  Bo verán e boas lecturas.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Lecturas estivais, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s