Chegamos a última etapa da vida do club de lectura deste curso. Hoxe temos a reunión para ver a película, despois de ler “Enrugas” de Paco Roca. Fomos crecendo durante todo o curso cos protagonistas das nosas lecturas: o bebé-tubo, Zezé, Paloma, Pixie e Dixie e outros moitos ata chegar a Santiago, na súa titánica loita no medio do océano.
Na lectura deste mes temos a Emilio e Miguel no océano da súa desmemoria, desmemoria que comeza a gotas e convértese nun océano.
Pero como mostra de que nós aínda non nos esquecemos dos nosos “grandes”, imos facervos unha selecta (moi persoal, cada un poderá engadir os seus títulos favoritos) duns poucos libros e películas de maiores. Comezamos pola gran pantalla.
De produción arxentina temos “Sol de Otoño”
Protagonizada por dous grandes en tódolos sentidos, Federico Luppi e Norma Aleandro. Unha historia plácida, de amor nesa chamada terceira idade.
Tamén con Norma Aleandro, pero cando xa esta era algo máis grande (“Sol de otoño” é do 1996), temos “El hijo de la novia”, do 2001.
El hijo de la novia (2001) – FilmAffinity
“Lugares comunes” é outra produción arxentina que protagonizan Federico Luppi e Mercedes Sampietro no ano 2002, el dalle vida a un profesor de literatura que se enfrenta á súa xubilación forzosa, ela é a súa parella, compañeira, amiga, cómplice…
Lugares comunes (2002) – FilmAffinity
Máis recentes son as seguintes producións:
“Gloria” . Película chilena dirixida por Sebastián Lelio e protagonizada por Sergio Hernández e Paulina García, que dan vida ós protagonistas de 65 e 58 anos, respectivamente. Ela levou o Oso de Plata á mellor actriz na Berlinale do 2013.
“Quartet” é unha comedia dirixida por Dustin Hoffman no 2012 na que un grupo de cantantes de ópera retirados queren volver a sentirse de novo sacando o máximo da vida.
La tercera edad conquista el cine | Cine | DW.DE | 30.03.2013
E por último, acabamos a entrada con “Amor” (2012) de Michael Haneke (del temos “La cinta blanca” na biblioteca). Nesta dura película abórdase sen ningún tipo de tabú o tema da eutanasia.
Picando sobre a carátula tedes o enlace ó trailer.