Reunión en torno a “O vello e o mar”

O luns 5 de maio tivemos a reunión do club para ver a película baseada na novela de Hemingway , que era a nosa lectura do mes. Non nos deu tempo a ver o final da xenial interpretación de Anthony Queen, pero igualmente disfrutamos da película tanto coma do libro. Na nosa humilde opinión, nunca unha película supera a un libro; no mellor dos casos, algunhas iguálano, outras nin se aproximan (no caso de que non o destrocen), pero “O vello e o mar” non é destas últimas, senón das que igualan e/ou complementan o libro. Se este nos fixo sentir a angustia do home na loita terrible e implacable contra a natureza, a película fíxonos sentir o mesmo, esa sensación de estar moitas veces do lado dalá da pantalla, co sal pegañento nas man.1141642195O_vello_e_o_mar_peq[1]Temos na biblioteca a edición de Galaxia, coa tradución de Carlos Casares. Tamén podedes lelo online neste enlace.

A película tamén a temos na biblioteca. Como mostra enlazamos o vídeo que aparece en youtube, por se non queredes quedarvos sen os 5 minutos finais.

Desta reunión non temos fotos, deixámolas para a sesión final, pois xa nos acercamos ó final desta andaina. O proxecto do club de lectura deste ano, coma a traxectoria vital de Santiago e a de Emilio e os seus amigos (os protagonistas da nosa próxima lectura), chega ó seu final. O luns 2 de xuño reunirémonos para ver a versión cinematográfica de “Arrugas” de Paco Roca. Deixamos para o final esta obra porque os seus protagonistas están no final das súas vidas e tamén porque é unha obra moi livián, no sentido de que se le moi rapidamente ó tratarse dunha novela gráfica, pero tamén moi profunda, pois lévanos a unha reflexión moi fonda sobre os nosos maiores.

Xa que as dúas últimas sesións do club de lectura “van de cine”, quizáis sería bo reunirnos para pechar o club e falar do conxunto das lecturas  e do desenvolvemento do proxecto  o luns 16 de xuño. Parécevos ben? Ide pensando en que lecturas vos gustaron máis, cales vos sorprenderon,  cousas que saíron ben neste proxecto,  cousas que non saíron tan ben e se poden mellorar e outras ideas para futuros proxectos.

Tamén podedes traer algunhas suxestións lectoras para o verán, de acordo?

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s