Gabriel García Márquez, bolboretas amarelas para ti

Admirado Gabriel García Márquez:

A primeira vez que souben de ti era moi nova, estudaba COU, coido, e lin este conto teu: “El ahogado más hermoso del mundo”. Non me gustara tanto a historia (que tamén, porque fala de algo ao que nos aferramos cando perdemos a algún ser querido: a continuidade da vida na lembranza, na lenda, a pesar da morte) como esa maneira que ti tiñas de escribir. Esa prosa  tecida con fíos de tantas cores (que,máis tarde recoñecín como subordinadas adxectivas). Esa prosa de oracións longas que nunca remataban e te envolvían, te envolvían, te envolvían. Moitas veces me metín nelas para durmir aí ao amparo deses malabarismos estilísticos.

Despois viñeron Cien años de soledad e pensei que era moi difícil que puideses escribir algo mellor.

gabi comic

(Procedencia da imaxe. Relátase, nese enlace, como se creou a novela). Aquí podedes ver cubertas da novela.

 Pero fun lendo outras novelas e aquela increíble y triste historia de la Cándida Eréndira y su abuela desalmada  gustárame máis cá anterior. Comprobei que sempre escribías e escribias algo mellor. E probei as améndoas amargas dos amores contrariados de Florentino Ariza e Fermina Daza. E nunha librería moi vella do meu Lugo universitario mercara,cos poucos cartos que tiña, ese mañuzo de contos, Ojos de perro azul, e aquel “Alguien desordena estas rosas” perseguiume durante un tempo. Tamén vivín aquela morte anunciada de Santiago Nasar. E linllesos primeiros alumnos que tiven na miña vida  os sonetos de Garcilaso , os mesmos que ti elexiche para relatar o amor de Sierva María de todos los Ángeles. E aprendín coa miña nai, con Laura e contigo que existía o realismo máxico.                                                                            (Procedencia da imaxe)

O coronel non tiña quen lle escribira, pero ti si. Moitos lectores escribimos estes días en moitos lugares que agradecemos a túa prosa caribeña e exuberante, a túa prosa de tormenta de verán porque nalgún momento nos liberou, seguro, dalgunhas outras tormentas da alma.

Grazas, Gabriel García Márquez. Menos mal que ainda nos quedas aquí!

Bolboretas amarelas para ti!!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en In memoriam, Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s