Mulleres pioneiras: “As silenciadas”

O pasado martes 25 pechouse o Ciclo de cinema que vimos organizando na biblioteca cada curso. A película que puxo o broche final foi o documental As silenciadas, de Pablo Cés, con guión de Pablo Ces e Aurora Marco ( autora do libro do que bebe a película, Mulleres na guerrilla antifranquista galega). Atoparédelo na biblioteca estes días, xunto co seu Dicionario de mulleres galegas nun lugar privilexiado (o berce para os libros da biblioteca ambulante que nos fixo Rodrigo).

as silenciadas 011

 

Mulleres na guerrila antifranquista galega, edicións Laiovento

Mulleres na guerrilla antifranquista galega, edicións Laiovento

A proxección do documental (ao igual que o ciclo) estivo organizada pola Biblioteca. A ela asistiron os alumnos de 4º da ESO, 2º de BACH e os lectores do noso club. Pareceunos que o seu visionado podería culminar a serie de Mulleres pioneiras que fomos expoñendo aquí ao fío das nosas lecturas. Ainda que as mulleres que falan neste documental non foron pioneiras na acepción máis coñecida da palabra (que incursiona por primeira vez nunha actividade) si o son no sentido etimolóxico do termo (do francés pionnier, que quere dicir “soldado de a pé”).  Foron mulleres combatentes, rebeldes que viviron a súa loita entre fragas e silencios de montaña.

Ángeles e Bastián presentan a Pablo

Ángeles e Bastián presentan a Pablo

Os asistentes á proxección. As súas caras xa falan da intensidade e emotividade do documental.

Os asistentes á proxección. As súas caras xa falan da intensidade e emotividade do documental.

Pablo presentando a súa peli

Pablo presentando a súa peli

          As fotos son de Cándido, “facedor” deste encontro.

 

Gracias Pablo e Aurora, que descorrestes as cortinas do esquecemento para que puideramos ver que se agochaba naqueles bosques da posguerra, mans duras de  mulleres que portaban a dor e a perda, que medraron rodeadas de silvas e de bágoas, amordazadas. Vaian para elas estes versos de Miguel Hernández:

Les han llevado al aire, como un aire rotundo
que desde el corazón resoplara un plumaje.
Y ascienden y descienden sobre la piel del mundo
alados de coraje.
“El vuelo de los hombres”

Aquí vos queda un trailer da película. Lembrade que tamén está na biblioteca.

 

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Actividades, Cine, Mulleres, Recomendacións

2 respostas a “Mulleres pioneiras: “As silenciadas”

  1. Ola, podo mandarlle a ligazón do blog a Pablo? E dicirlle que pode poñer a ligazón ou os comentarios no blog da peli ou no facebook?

    Pensei tamén que se o alumnado do clube de lectura quixesen facer comentarios podiamos enviárllelos a Pablo e Aurora, ou que os fixesen directamente eles. Non sei, calquera forma de transmitirlles o que non fixeron serntir, as reflexións que nos provocaron…

    —- Mensaxe de Club de lectura BiblioTea

  2. Ola de novo, hoxe chegou para a biblioteca outra peli de Pablo Ces, “Torreiros” (agasallo de Pablo). Se cadra estaría ben incluir algo no artigo de As Silenciadas. Ahí van dúas ligazóns

    http://www.torreiros.com/

    https://es-es.facebook.com/TorreirosDocu

    —– Mensaxe de Club de lectura BiblioTea ———        Data: Mon, 31 Mar 2014 15:08:35 +0000          De: Club de lectura BiblioTea Responder-A: Club de lectura BiblioTea      Asunto: [Artigo novo] Mulleres pioneiras: As silenciadas           A: candido.fernandez@edu.xunta.es > > > > clubdelecturabibliotea posted: “O pasado martes 25 pechouse o > Ciclo de cinema que vimos organizando na biblioteca cada curso. A > película que puxo o broche final foi o documental As silenciadas, de > Pablo Cés, con guión de Pablo Ces e Aurora Marco ( autora do libro > do que bebe a película,” > > > > > >

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s