“A punta de pistola” na reunión

O luns tivemos a xuntanza lectora para comentar a novela A punta de pistola, como ben sabedes.

                                                            (Procedencia da imaxe)

A pesar de ser un pouco máis alterada cás anteriores (a culpable será a primavera) non por iso deixou de ser fructífera.

Comezamos vendo unha pequena entrevista ao autor a propósito da xénese e escritura desta novela. Podedes vela aquí. Soubemos que se trataba dunha historia que partiu dun suceso real acontecido en Vigo: unha parella secuestra aos seus fillos (que estaban nun centro de acollida) a punta de pistola. Na entrevista Fran Alonso tamén comenta que se trata dunha novela serial, isto é, foi publicada por entregas no xornal A voz de Galicia. Trátase, polo tanto, dunha novela por entregas cuxa estrutura vén determinada por esta condición.*

Para vertebrar a reunión partimos de dous textos: este estudo da novela elaborada por Xerais e estoutro artigo de Francisco Martínez Bouzas. **

No primeiro dos documentos hai un fragmento asinado por Manuel Rodríguez Alonso no que se di: “Parécenos moi valiosa para afeccionar á lectura ao alumnado dos cursos da ESO”. E como moi ben dixo Gema, “diso teriamos que falar nós, os alumnos da ESO”. Entón, que falen eles. Esta foi a lectura que eles fixeron.

Deu bastante de si o debate arredor da estrutura da novela. Ben é certo que lles resultou moi curioso que se tratase dunha novela serial (feito que axilizaba a narración) pero non acabaron de ver a técnica do contrapunto empregada (contar historias paralelas que conflúan ao final que eles consideraron moi brusco, por certo). Na opinión de moitos deles (Guille, Christian,Gema…) a unión entre as tres historias resultaba forzada. Luis incluso empregou unha metáfora para ilustrar esta idea “se a historia fose un fío ao final teriamos unha maraña”. Iago consideraba que os pasos dun capítulo a outros eran de “transición rápida” o que aportaba,iso si, moita velocidade e dinamismo á historia, feito que  estes nosos bos lectores relacionaron rapidamente co  cine.  De feito Gema e Luis manifestaron que “parece unha película e quedaría mellor se fose unha”.  Esta rapidez en canto á estrutura foi, por certo, o que máis lle gustou a Jorge, que a leu con moito gusto.

Outro aspecto no que repararon moitos foi na maneira de falar dos personaxes, que fai, efectivamente, a obra máis verosímil. A Gema resultoulle extraño atopar nun libro palabras mal sonantes. Pero, como ían falar unhas persoas con corrección se ían secuestrar aos seu fillos? apuntou Pedro.

Polo que se refire aos temas, enumerounos Iago moi ben:  a desestruturación familiar e a superación persoal.  Neste senso Gema engadiu tamén a “ruptura de barreiras” que fixeron (e fan) algunhas mulleres. Outros, coma Gullie, fiaron máis fino e atoparon o tema da traición na figura de Lolo. Estades vós de acordo? Engadides algúns?

* Algúns famosos escritores que tamén publicaron obras por entregas foron Benito Pérez Galdós ou Emilia Pardo Bazán. Do primeiro destaca, entre outras, La desheredada (que podedes atopar na biblioteca) e da segunda Aficiones peligrosas.

 

)

 

Darío Villanueva fala das novelas por entregas da autora galega Emilia Pardo Bazán

 

** Se clicades aquí atoparedes máis estudos da novela.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s