O cine e a literatura en “A punta de pistola”

Como vimos facendo habitualmente imos ir deixando aquí todos as pegadas cinematográficas e literarias que atopamos na novela.

Polo que se refire ao cine, o narrador xa comeza a historia cunha alusión a un coñecido personaxe cinematográfico:

“(…) Estirou o pescaozo. Quería presentarse coa cabeza ben alta, imitando a figura esvelta de James Bond(…)”

Páxina 11

Velaquí algunhas escenas memorables do axente 007:

E de James Bond, pasamos a uns  personaxes de carne e óso:

“(…) Que parva, como non se che acordou antes? Se o ten el non che importa, é un encanto de tío, o home da túa vida, e está para comelo. Todo un petisuis. Un home XXL. Está máis cachas que Luís Tosar, que Brad Pitt(…)”

Páxina 61

Trailer da película También la lluvia, interpretada por Luis Tosar e dirixida por Iciar Bollaín

Polo que se refire á literatura, tropezamos xa na primeira páxina cunha cita de Samuel Beckett ( de quen xa falamos aquí), da súa obra enmarcada no teatro do absurdo Esperando a Godot:

“Un bo día espertarei cego coma o Destino”

O Centro Dramático Nacional representa a obra:

 (Sobre a xénese da obra podedes ler este artigo se clicades aquí)

A obra de teatro está na biblioteca. E, se vos gusta o camiño do absurdo, podedes ler tamén Picnic, de  Fernando Arrabal ou algunha obra de Pirandello. O “picnic” tédelo na biblioteca.

Está presente, xa vedes, o teatro, pero tamén a poesía. Concretamente a de Lupe Gómez:

“(…) Non quería  que o amor estivese por riba de min mesma. Porque como dicía un poema de Lupe Gómez, se te enamoras, vaste e non volves(…)”

Páxina 57

Se te enamoras

vaste e non volves.

Ou chegas

e miras todo

coma unha estranxeira.

Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra

“(…) Cando estaba na facultades fun a un recital de poesía de Lupe Gómez. Cautivoume o seu berro espido, a súa rebeldía conxénita. Nunca sentín tanta empatía como naquel intre e naquel lugar. A poesía ás veces ten tanto poder que nos pode convulsionar. A min pasoume (…)”

Páxina 99

O amor

O amor foi

un trallazo moi forte

que rompeu a

ventá. E quedou rota

para sempre. Eu limepi

do chan

os cristais. Corteime

con eles

en tódolos dedos.

             Lupe Gómez, Pornografía

Os dous  poemas aparecen recollidos en Poetízate, antoloxía de poesía galega que fixo Fran Alonso. O libro está na biblioteca. Tamén atoparedes Pornografía.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s