Como vimos facendo habitualmente imos ir deixando aquí todos as pegadas cinematográficas e literarias que atopamos na novela.
Polo que se refire ao cine, o narrador xa comeza a historia cunha alusión a un coñecido personaxe cinematográfico:
“(…) Estirou o pescaozo. Quería presentarse coa cabeza ben alta, imitando a figura esvelta de James Bond(…)”
Páxina 11
Velaquí algunhas escenas memorables do axente 007:
E de James Bond, pasamos a uns personaxes de carne e óso:
“(…) Que parva, como non se che acordou antes? Se o ten el non che importa, é un encanto de tío, o home da túa vida, e está para comelo. Todo un petisuis. Un home XXL. Está máis cachas que Luís Tosar, que Brad Pitt(…)”
Páxina 61
Trailer da película También la lluvia, interpretada por Luis Tosar e dirixida por Iciar Bollaín
Polo que se refire á literatura, tropezamos xa na primeira páxina cunha cita de Samuel Beckett ( de quen xa falamos aquí), da súa obra enmarcada no teatro do absurdo Esperando a Godot:
“Un bo día espertarei cego coma o Destino”
O Centro Dramático Nacional representa a obra:
(Sobre a xénese da obra podedes ler este artigo se clicades aquí)
A obra de teatro está na biblioteca. E, se vos gusta o camiño do absurdo, podedes ler tamén Picnic, de Fernando Arrabal ou algunha obra de Pirandello. O “picnic” tédelo na biblioteca.
Está presente, xa vedes, o teatro, pero tamén a poesía. Concretamente a de Lupe Gómez:
“(…) Non quería que o amor estivese por riba de min mesma. Porque como dicía un poema de Lupe Gómez, se te enamoras, vaste e non volves(…)”
Páxina 57
Se te enamoras
vaste e non volves.
Ou chegas
e miras todo
coma unha estranxeira.
Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra
“(…) Cando estaba na facultades fun a un recital de poesía de Lupe Gómez. Cautivoume o seu berro espido, a súa rebeldía conxénita. Nunca sentín tanta empatía como naquel intre e naquel lugar. A poesía ás veces ten tanto poder que nos pode convulsionar. A min pasoume (…)”
Páxina 99
O amor
O amor foi
un trallazo moi forte
que rompeu a
ventá. E quedou rota
para sempre. Eu limepi
do chan
os cristais. Corteime
con eles
en tódolos dedos.
Lupe Gómez, Pornografía
Os dous poemas aparecen recollidos en Poetízate, antoloxía de poesía galega que fixo Fran Alonso. O libro está na biblioteca. Tamén atoparedes Pornografía.