As voces narrativas en “Camino entre la niebla”

O libro que estamos a ler este mes, como ben sabedes, é Camino entre la nieblade Care Santos. Aquí podedes ler una entrevista á autora.

“Territorio Care” extraído da súa páxina web, que podedes visitar clicando aquí.

Para achegarnos ao libro cómpre salientar que non se trata dunha novela narrada oa xeito tradicional ( cun narrador en terceira ou primeira persoa), senón que Care Santos nos afrece a historia empregando unha técnica narrativa similar a un mosaico: a historia vaise escribindo con peciñas contadas desde o punto de vista de distintos personaxes.

Quen conta a historia son: a protagonista Jana, que escribe o seu diario nun caderno que lle regalou a avoa ( as súas anotacións reciben o nome de “Fragmentos del cuaderno de Jana”), a avoa ( discursos reunidos baixo o nome “Testimonio de Teresa según transcripción de la autora), a eterna amiga Shaima  ( voz que se recolle en “Testimonio de Shaima según transcripción de la autora”) e a propia autora (que crea un xogo narrativo semellante ao que vimos en Ammor en Ammán e que podedes reler aquí).

Esta alternacia de voces fai máis vivo e relato. Tamén esixe lectores vivos e implicados  que sexan capaces de recompoñer a historia a partir das pezas. Como nós temos neste club lectores atentos e esixentes estamos seguras de que serán quen de facelo sen problema. A verdade é que é unha técnica moi rica e bastante empregada pola autora. Aparece, por exemplo noutra  novela súa Laluna.com, que tedes na biblioteca.

Laluna.com

(Procedencia da imaxe)

Outra cousa que enriquece a lectura e lle imprime un maior ritmo é que na novela aparecen textos moi variados e de diversas tipoloxías: fragmentos de diarios e cartas, correos electrónicos, transcripcións…

Pensades vós que esta maneira de narrar é un acerto? Ou preferides outros xeitos “máis clásicos” de contar? Pode, a elección do narrador/es condicionar a lectura da novela? Pensade, que falaremos disto o luns.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Camino entre la niebla

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s