“A miña miña planta de laranxa lima” na reunión

O pasado luns tivemos a xuntanza arredor do libro que estivemos lendo. Este ano semella que estamos elixindo ben, pois a novela gustou.

Planta lima 002

Os adxectivos que os xoves lectores  lle puxeron á novela foron: “triste” (entendemos por que, ainda que nós máis que triste lle poñeriamos dura e terrible) e nalgúns momentos “divertida e graciosa” (sobre todo no referido ás trasnadas. Dicía Pedro, textualmente, que tiña “serios  problemas” con elas). Debido a elas  recibiu moitas malleiras. Trátase dunha violencia determinada polas consecuencias tal como eles percibiron, pero iso non exime que sexa excesiva e inxustificable.

Outro calificativo que recibiu a novela foi  “realista”. Iso si, coidaban que se a realidade retratada fose a actual deste país aínda sería máis crúa. Aquí non ven, na actualidade, exemplos da solidaridade entre veciños que se puideron ver na novela.

Tamén se decataron da dignidade que o protagonista portaba. Nótase, por exemplo, no que Zezé  sae traballar (non pedir esmola) para gañar cartos.

Unha das mellores cousas que pode facer un lector é ir valorando o libro en relación con outros, vendo que teñen en común as cousas que van lendo e en que difiren. Pois ben, Gema reparou nunha similitude existente entre a novela brasileira com La metáfisica de los tubos: os dous protagonistas tiveron, nalgún momento, un pensamento de suicidio. Outra coincidencia máis feliz é que os dous aprenderon a ler, precozmente, e sós.

Os lectores arredor da planta

Os lectores arredor da planta

Poderiamos ter seguido co diálogo se non fose porque tiñamos previsto poñer a película. Só nos deu tempo a ver o principio. O suficiente para que os lectores empezasen a botar de menos detalles da novela que non estaban na película. Como ben dixo Xoán Carlos:”estes rapaces saben o libro de memoria!” E, precisamente porque vemos que ledes con moito detalle e a reunión non deu para comentar moito, emplazámosvos a que comentedes máis da novela facendo algún comentario por esta vía.

Lembrouvos, por exemplo, a algún outro libro?  Xoán Carlos atopoulle certo parecido con O principiño (a quen adicamos esta entrada no blog), xa que ambos son rapaces que teñen unha sabiduria impropia para os seus anos. Segundo Adelia Zezé é un neno “sabio e sensible”, mala mezcla nestes malos tempos para a lírica e o corazón.

A min, persoalmente, lembroume a El lazarillo de Tormes, por tratarse os protagonistas de dous nenos, antiheroes, a quen a vida maltrata e que espertan demasiado pronto á madurez.

Por outro lado, esta é a película completa por se queredes rematar de vela:

 

 

Para nós esta planta de laranxa lima nunca morrerá. Regaremos moitas outras nas vindeiras lecturas, pero nunca terá a tenra  beleza aceda da lima e da laranxa.

A vindeira novela é A elegancia do ourizo, da autora francesa Muriel Barbery, editada por Galaxia. Aquí podedes ler un interesante artigo sobre os personaxes que habitan as súas novelas e aquí unha entrevista á autora). Xa tedes os exemplares na bibioteca. Podedes pasar buscalos cando queirades. Lembrade que a reunión será o luns 13 de xaneiro, o primeiro lectivo do ano 2014.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A miña planta de laranxa lima., Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s