Arquivos diarios: Decembro 3, 2013

Outras músicas do Brasil

Se onte escoitabamos o que escoitaba Zezé, hoxe deixámosvos a Elis Regina, que escoita a miúdo quen escribe esta entrada.

                                                                                       “O bêbado e a equilibrista

O Brasil agasallounos (ainda o fai) con dous estilos musicais (case vitais) dos que é inevitable non falar: a samba e a bossa nova. As dúas darían para moitas entradas que faría mellor unha persoa entendida en música. Máis como non é así vaia esta pequena mostra, que sexa ponte, para escoitar a algúns dos  grandes músicos brasileiros que fan máis amables moitas mañás das vidas de quen os escoitamos a miúdo.

 

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en Música, Recomendacións