O cine en “A miña planta de laranxa lima”

Xunto cos xoguetes, outro medio de distración e evasión do pequeno Zezé é o cine. Pola pantalla do cine Bangú pasan varias películas. Pero, sobre todo pasan polo seu maxín e polos cromos de artistas cos que “trapichea”.

Aparece concretamente o western, xénero no que é un experto.

“(…) _ E o venres ¿non vas querer traerme un Raio de Lúa, do centro?

_ Vaiamos a modiño, Zezé. ¿Que é un Raio de Lúa?

_ É o cabaliño branco que vin no cine. O seu dono é Fred Thompson. É un cabalo adestrado.

_ ¿Queres que che traia un cabaliño de rodas?

_ Non. Quero ese que ten cabeza de madeira, con rendas. Que se lle pon un cabo e sae correndo. Necesito adestrarme porque vou traballar despois do cine. (…)”  Páxina 21 da edición citada.

“(…) – ¡Si que me hei de vingar! Voulle pedir o revólver a Tom Mix e o Raio de Lúa a Fred Thompson, e voulle armar unha emboscada cos indios comanches. Un día volverei coa súa cabaleira ondeando na punta dunha canaveira. (…)”Páxinas 128 e 129 da edición citada

“(…) A verdade é, Minguiño, que me pareceu que a historia era bastante parva, ¿sabes? Non é coma esas aventuras que quero ter na vida. Aventuras son as de Tom Mix e Buck Jones. E Fred Thompson e Richard Talmadge. Porque loitan coma tolos, disparan tiros e dan trompadas… (…)” Páxina 129 da edición traballada.

Buck Jones(Procedencia da imaxe)

“(…)_ É un pillo. Fala comigo, vólvese cabalo, sae comigo. Con Buck Jones, con Tom Mix… Con Fred Thompson…Ti (os primeiros ti foran duros de dicir, pero xa estaba decidido…) ¿A ti gústache Ken Maynard?(…)” Páxina 163

(Este lamento do cowboy interpretado por Ken Maynard pode achegarnos un pouco á música country)

O cine tamén é fonte de imaxinación para el,convertíndose así, en materia de xogo.

“(…) _ Mira, Minguiño, non me gustan as discusións, pero se estás enfadado é mellor que o digas.

_ É que agora só te divirtes co Portugués e e a min iso non me fai gracia.

Fiquei pensativo. Era iso. Non se me pasara pola cabeza que el non podía divertirse co mesmo.

_ De aquí a dous días atoparémonos con Buck Jones. Xa lle mandei un recado polo cacique Touro Sentado. Buck Jones está lonxe cazando na Savana… Minguiño, ¿é Savána ou Savana? Na película tiña un “h” detrás. Non sei. Cando vaia á casa de Dindiña pregúntolle a tío Edmundo. (…)”(Páxina 153)

 

Ainda que todas son películas de vaqueiros, nalgún momento decide cambiar “de fantasías”:

“(…) Gloria preguntaba polo meu mundo de fantasías.

_ Non están. Marcharon lonxe…

Estaba referíndose a Fred Thompson e ós outros amigos. Pero ela non sabía a revolución que se realizaba dentro de min. O que tiña decidido: ía cambiar de películas. Non máis películas de vaqueiros, nin de indios, nin de nada. De agora en diante só vería películas de amor, como as chamaban os grandes. Películas que tivesen moitos bicos, moitos abrazos e nas que todo o mundo se quixese. Xa que só servía para recibir golpes, polo menos podería ver a outros quererse. (…)”  Páxina 184 da edición citada.

 

“(…) A miña cara iluminouse de felicidade.

_ Pero eu teño que traballar, meu fillo.

_ A esa hora nunca hai traballo. En vez de estar conversando ou adurmiñando no coche, verías a Tarzán loitando con leopardos, xacarés e gorilas. ¿Sabes quen traballa? Frank Merrill. (…)” Páxina 214 da edición citada.

 

Como tivemos unha entrada de vaqueiros. Aquí vos deixamos dúas recomendacións. Unha de vaqueiros:

La diligencia, de Jonh Ford (director que foi inspiración para o logotipo  da nosa secciónda biblioteca  Estaba mellor o libro? Ide mirar por que):

E outra de indios: Bailando con lobos, de Kevin Costner

Aquí vos queda, para rematar, “un pedaciño” da magnífica banda sonora da película:

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A miña planta de laranxa lima., Cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s