Os xoguetes e a infancia en “A miña planta de laranxa lima”

Se hai algo que non debería faltar nunca nunha infancia (en xeral nunha vida, pero isto xa é máis difícil) son os xoguetes e os xogos. Zezé xogaba moito, mal que lle pesara ás veces. Os xogos e a fantasía aparecen na novela coma unha mostra máis da súa imaxinación, da súa alma creativa e rebuldeira, xenerosa, e coma antídoto contra a dor e o desamparo.

Así, Zezé divide a horta en tres xogos para o reiciño Luís e para el, xoga con cromos e bólas, con baladeiras*, fai un “carriño cunha caixa de mistos”, coas medias crea serpes que asusten nas esquinas das rúas e apampa cos agasallos que no Nadal lle chegan ao Serxiño. Pero nunca a el nin as seus irmáns.

Fai xoguetes de refugallo ( e tal vez isto tamén é unha metáfora do que fai coa súa vida). Se vos interesa facer os propios xoguetes, para vós, para os irmáns, amigos… botádeche un ollo a este libro, Os xoguetes do lixo,  publicado pola editorial, hoxe tristemente desaparecida, A nosa Terra. Témolo na biblioteca:

                                                               ( Procedencia da imaxe)

             Mostra dun deses xoguetes que aparece no libro.Premede neste enlace de librosnacasa para ver máis.

Mais, se hai algo que lle gusta a Zezé son os papaventos:

“(…) Na nosa rúa había un tempo para cada cousas. Tempo de bólas. Tempo de buxainas. Tempo de coleccionar cromos de artistas de cine. Tempo de papaventos, que era o máis bonito de todos. Os ceos víanse cubertos en calquera parte por papaventos de todas as cores. Papaventos fermosos, de todas as formas. Era a guerra no aire. Os cabezazos,as liortas, os enredos e os cortes.

As navalliñas cortaban os fíos e alá viña un papaventos virando no espacio, enredando o fío de dirección coa cola sen equilibrio. O mundo volvíase só dos rapaces da rúa. De todas as rúas de Bangu. Despois quedaban os restos envoltos nos fíos, as apuros do camión da Light. Os homes viñan, irados, a arrancar os papaventos mortos, confundindo os fíos. O vento… o vento… (…)”

Páxina 131 da edición citada.

“(…) Chegara o tempo dos papaventos e ¡rúa para que te quero! O ceo azul estrelábase de día coas estrelas máis bonitas e coloridas. No tempo do vento abandonaba un pouco a Minguño, ou só o buscaba cando me poñían en peniencia despois dunha boa tunda. (…)”

Páxina 136 da edición citada

A maior parte das veces, como sabedes, os nenos construían globos e os seus propios xoguetes con obxectos de refugallo. Isto é o que Zezé facía cos globos:

“(…)Eu estaba ó lado de Totoca aprendendo a facer un globo. Cando todo estivo pegado, Totoca amarrou o globo nunha variña pola punta de arriba, cun prendedor de roupa.

_ Só cando está ben seco, fáiselle a abertura. ¿Aprendiches burriño?

_ Aprendín.

Ficamos sentados na soleira da porta da cociña, vixiando o globo de cores, que tardaba en secar. Totoca, concentrado na calidade de mestre, ía explicando:

_ O globo mandarina só debes facelo despois de moita práctica; ó principio hai que facelo de dous gallos, que é máis doado.

_ Totoca, se fago soíño un globo, ¿ti fasme a abertura?

_ Depende.

Xa estaba el querendo facer negocios. Meter man nas miñas bólas ou na colección de cromos de artista de cine que “ninguén comprendía como aumentaba tanto”.

_ Recoiro, Totoca, cando mo pides, eu ata pelexo por ti.

_ Ben. A primeira vez fágocha gratis e se non aprendes, as outras fareichas só a cambio de algo.

_ De acordo.

Naquel momento eu xuraría que ía aprender tan ben, que el nunca máis poñería as mans nos meus globos.

Desde entón o meu globo non me saíu máis da idea.

Tiña que ser o meu globo. Imaxinaba o orgullo de Portuga  cando lle contase a fazaña. A admiración de Xururuca cando vise o becho abalando nas miñas mans… (…)”

Páxinas 167 e 168 da edición citada.

Na novela, en definitiva, podemos atopar modos de xogar que son universais. Podería ser un bo complemento para a lectura  consultar esta enciclopedia  que recomendamos especialmente polo rigor e delicadeza co que foi feita: Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicada por Xerais. Podedes consultar esta pequena alfaia na biblioteca.

(Procedencia da imaxe)

Xa a garda é fermosísima e convida a entrar:

( Procedencia da imaxe)

Para finalizar, isto é o que El retrete de Dorian Grey pode facer cos globos. Tamén é poesía:

* Baladeiras: xoguete que se lanza lonxe. (Nota que aparece na edición citada)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A miña planta de laranxa lima., Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s