Falabamos nalgunha entrada anterior do sinxelo lirismo da novela, da poesía que podemos atopar non só nos instantes descritos (algúns son, en si mesmos, actos poéticos) senón na forma en que está narrada (con sinxeleza, sen rugosidade, pese á aspereza e dureza da historia) e, tamén, na importancia que o neno Zezé lle dá ás palabras e, especialmente, á poesía.
Mostra disto é que aprende a ler moi, moi pronto. Feito que sorprende á súa irmá e ao tío Edmundo, pero, ademais, devece por elas e sempre está aprendendo palabras novas. Unha delas é precoz, a primeira que se cita, como se fose unha profecía, un aviso da súa perda de inocencia que se produce demasiado cedo. Pronto saberá que “a idade da razón pesa”. E pesa demasiado. É entón cando liberará ao seu paxariño e farase grande.
“(…) Vouche explicar Zezé. ¿Sabes o que é? Significa que estás medrando. E medrando, esa cousa que dis que fala e ve, chámase pensamento. O pensamento é o que fai aquilo que eu dixen que ti vas ter moi pronto…
_ ¿A idade da razón?
_ É bo que te lembres. Cando chega acontece unha marabilla. O pensamento medra, medra e toma pola súa conta a nosa cabeza e o noso corazón. Vive nos nosos ollos e en todos os momentos da nosa vida.
_ Xa. ¿E o paxariño?
_ O paxariño foi feito por Deus para axudar ós nenos a descubrir as cousas. Despois cando o neno non o precisa, devolve o paxariño a deus. E Deus colócao noutro neno intelixente coma ti. ¿Non é bonito?(…)”
Páxina 83 da edición citada.
Mais iso non lle impedirá ser consciente de que o seu irmanciño Luís, o seu rei, debe ter ese paxariño todo o tempo que poida chiando na súa alma, polo que procurará non matarlle as ilusións pronto, para agrandarlle a nenez ( velaí un dos actos poéticos).
Volvamos entón á palabra precoz.
“(…) A miña planta de laranxa lima era precoz, como dicía de min tío Edmundo. Despois explicoume o que iso significaba:era cando as cousas sucedían moito antes de que outras ocorresen. Finalmente, creo que non soubo explicalo moi ben. O que quería dicir, simplemente, era que algo se adiantaba (…)”
Páxina 136 da edición citada.
E non só aprende precoz, tamén coñece o significado de nádegas, súbditos, troglodita, videira, cadáver e “carborandum” (esta de especial relevancia. Lembrades por que?) co seu tío Edmundo e o seu amigo Portuga.
Esta curiosidade polas palabras tradúcese nun desexo: “(…) E eu, cando medre, quero ser sabio e poeta e usar paxarela. Cando tío Edmundo me amosa retratos de poetas nunha revista, todos teñen paxarela.(…)”
Páxina 15 da edición citada.
Non sabemos cales serían os poetas que aparecían nas revistas do tío. Tal vez Zezé quedase abraiado con esta foto do poeta da paxarela por excelencia, Federico García Lorca:
(Procedencia da imaxe) E tal vez o vello tío le lera isto do coñecido poeta ou quizais estoutro e o Zezé os comprendera. Ou pode que ficara prendido n/das súas gacelas.
Outro poeta que a miúdo levaba paxarela e, por iso mesmo, puido estar nesa mesma revista era o francés Charles Baudelaire.
Tal vez se deixara adormecer coa música destes versos do poeta maldito recitada polo tío Edmundo:
Mon enfant, ma soeur,
Songe à la douceur,
D’aller là-bas vivre ensemble !
Aimer à loisir,
Aimer et mourir
Au pays qui te ressemble !
Les soleils mouillés
De ces ciels brouillés
Pour mon esprit ont les charmes
Si mystérieux
De tes traîtres yeux,
Brillant à travers leurs larmes,
Là, tout n’est qu’ordre et beauté,
Luxe, calme et volupté.
Des meubles luisants,
Polis par les ans,
Décoreraient notre chambre ;
Les plus rares fleurs
Mêlant leurs odeurs
Aux vagues senteurs de l’ambre,
Les riches plafonds,
Les miroirs profonds,
La splendeur orientale,
Tout y parlerait
A l’âme en secret
Sa douce langue natale.
Là, tout n’est qu’ordre et beauté,
Luxe, calme et volupté.
Vois sur ces canaux
Dormir ces vaisseaux
Dont l’humeur est vagabonde ;
C’est pour assouvir
Ton moindre désir
Qu’ils viennent du bout du monde.
– Les soleils couchants
Revêtent les champs,
Les canaux, la ville entière,
D’hyacinthe et d’or ;
Le monde s’endort
Dans une chaude lumière.
Là, tout n’est qu’ordre et beauté,
Luxe, calme et volupté.”
Podedes ler a tradución do poema se premedes aquí e outros poemas do mesmo poeta clicando aquí.
A musicalidade das palabras non deixaba indifirente a Zezé, mais ben ao contrario. Era moi consciente de que as palabras tiñan algo que se parecía á música. Así fala o neno da forma da falar de Potuga:
“(…) Entón contou cousas do capin* que se volve feno no inverno, e da fabricación dos queixos. É dicir, queixos non, caixos, el cambiaba moito a música das palabras, aínda que amin parecíame que lles daba máis musicalidade…(…)” Páxina 206 da edición citada. Se percibía iso, tamén había ser quen de adormecer escoitando a Baudelaire.
Tamén puido Zezé perderse pola musicalidade doutro poeta maldito que adoitaba levar paxarela, Arthur Rimbaud:
Aquí podedes atopar un fato de poemas do autor traducidos ao castelán.
Con cara tristes e mirada bondadosa, como vedes na imaxe,
puido parecer nalgunha desas revistas que o tío lle amosaba ao sobriño ,o moi fantasioso ( e isto sería o que seduciría a Zezé) poeta francés Nerval, cuxos textos podedes ler aquí.
Outro poeta de paxarela que puido coñecer Zezé foi José de Espronceda, un romántico español autor da coñecidísima “Canción del pirata“, entre outros poemas.
E de velo nalgunha revista, non sei se fixaría Zezé na súa paxarela, pero si na súa barba branca que lle daba apariencia de druida a Walt Whitman, o poeta das follas de herba.
Outro poeta que puido asustar un pouco a Zezé, non polo seu porte, mais si polos seus textos foi Edgar Allan Poe, autor de moitos contos e varios poemas,entre os que salientamos “El cuervo“.
E non con paxarela, pero si con garavata presentábase moitas veces unha poeta inxustamente tratada, Gloria Fuertes,
cunha obra fonda e sinxela (tamén frondosa) que nos deixou unhas Obras incompletas ( que tedes na biblioteca) cheas de humor e dor. Foi, coma Zezé, unha nena precoz que coñeceu a miseria e a fame. Podedes ler algún dos seus poemas aquí.
Nací para poeta o para muerto…
Nací para poeta o para muerto,
escogí lo difícil
-supervivo de todos los naufragios-,
y sigo con mis versos,
vivita y coleando.
Nací para puta o payaso,
escogí lo difícil
-hacer reír a los clientes desahuciados-,
y sigo con mis trucos,
sacando una paloma del refajo.
Nací para nada o soldado,
y escogí lo difícil
-no ser apenas nada en el tablado-,
y sigo entre fusiles y pistolas
sin mancharme las manos.
Tamén Zezé naceu para poeta, porque viu “vivir a poesía” como dicía el mesmo co seu amigo Portuga, porque xa conseguiu facerse co traxe e, sobre todo, porque tiña esa mirada profunda que só teñen os poetas: a que lles permite ver o desamparo nun floreiro baleiro.
* Na edición citada aparece esta anotación: planta gramínea forraxeira