“A miña planta de laranxa lima” e o Brasil

Como avanzabamos na anterior entrada, a historia novelada conta a dura infancia dun neno que vive nun mundo que non o quere. É o mundo dos oprimidos, dos desheradados que parece que só teñen dereito aos golpes. Cabe supoñer, entón, que a historia acontece nun país tamén maltratado. Neste caso os protagonistas viven no  Brasil, nunha favela de  Bangú, barrio moi coñecido da cidade de Río de Janeiro.

                                         ( Procedencia da imaxe)

Ben sabedes que este país se atopa en América do Sur e, coma a maior parte dos países deste continente, foi colonizado. O seu desenvolvemento económico, social e cultural, en parte veu marcado por este feito. Cando un país coloniza a outro(  disto xa reflexionamos aquí, a propósito do libro que lemos o curso pasado, La gacela) impón a súa cultura por riba da do pobo ocupado. O pobo brasileiro sufriu a colonización de Portugal e, a pesar de ter conseguido a indepencia xa hai anos, ainda se rastrexan na novela (que se sitúa xa ben entrado o século XX) restos desa invasión.

Percibimos, por exemplo, que Zezé non se avergoña do apelido indio da súa nai, mais a súa irmá si.Velaquí un  dos efectos que aparecen en calquera colonialismo: o pobo dominado sente vergoña do que é e do que representa

“(…) Gloria deu o nome de papá. Cando tivo que dar o de mamá dixo soamente: “Estefanía de Vasconcelos” Eu non aguantei e soltei a corrección.

_ Estefanía Pinagé de Vasconcelos.

_ ¿Cómo?

Gloria púxose algo vermella.

_ É Pinagé. Mamá é filla de indios. (…)” Páxina 87 da edición citada.

Portugal, o país conquistador, tamén está presente na novela coa figura de Portuga, nado en Tras-os -Montes, Portugal, a onde sempre quixo ir Zezé despois de saber que ao seu  amigo verdadeiro lle gustaría “volver alá moi pronto. Para esperar calmosiñamente a chegada da vellez, nun lugar de paz e feitizo. En Folladela, pretiño de Monreal, no meu fermoso Tras-os-Montes”.

               Tras-os-Montes

( Procedencia da imaxe)

Advertisement

Deixar un comentario

Arquivado en A miña planta de laranxa lima.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s