Cando fixemos a entrada “Literatura en Metafísica de los tubos”, recomendamos a lectura de Slawomir Mrozek. Calquera das obras deste autor é altamente recomendable, pero unha que nos ven cun título moi en relación co noso proxecto (e ademais moi curtiña, pouco máis de 100 páxinas e uns 39 relatos breves, brevísimos, pero con toda a carga irónica de Mrozek) é “La vida para principiantes” (“Das Leben für Anfänger“) publicada por Acantilado en xaneiro do 2013 e que leva como subtítulo “Un diccionario intemporal”
Na contraportada do libro podemos ler:
«El sentido de la vida es la vida misma», afirmó Goethe, pero esta frase no resulta hoy de gran ayuda. Mrożek sin embargo jamás nos deja en la estacada. Quien a este libro se asome, encontrará en él guía, consuelo, experiencia, sustento y motivo de alegría.
De seguro que se a ledes, ides querer máis deste autor. En “La vida difícil” podedes atopar 37 relatos máis
E con estas dúas e máis a anterior que recomendamos, xa seredes vós quen na páxina de Acantilado busquedes os títulos deste autor publicados en castelán. Hai bastantes máis, con esa coidada edición que caracteriza á citada editorial.
Para “lectores esixentes”, que diría Guille.