Tintín en “Metafísica de los tubos” e Tintín no Val do Tea

Xa falamos da literatura en Metafísica de los tubos, pero unha entrada á parte necesita Tintín, porque ademais de estar presente ó longo de todo o libro como lectura  que a protagonista alterna coa da Biblia , Tintín é o protagonista do Proxecto Interdisciplinar do IES Val do Tea este curso.

Así aparece na novela lida:

“(…) Ni se me pasaba por la cabeza elegir como quinto vocablo el nombre de mi hermano, cuatro años mayor que yo: aquel maldito sujeto se había pasado toda la tarde sentado sobre mi cabeza leyendo un Tintín. (…)” (Páxina 41, La metafísica de los tubos)

Tintín no Val do Tea

Tintín no Val do Tea

E con el comeza a ler a protagonista:

 “(…) Me pareció racional empezar con un Tintín por las ilustraciones. Elegí uno al azar, me senté en el suelo y fui pasando las páginas. Me resultaría imposible explicar lo que ocurrió, pero en el momento en que la vaca salió de la fábrica a través de un grifo que fabricaba salchichas, sentí que ya sabía leer. (…)” Páxina 71 da obra citada.

O canciño Milú no corredor do Val do Tea

O canciño Milú no corredor do Val do Tea

Comparte esta lectura con outra “máis sesuda”:

“(…) Cuando permanecía con un Tintín abierto sobre las rodillas nadie sabía que estaba leyendo. Creían que me limitaba a mirar los dibujos. En secreto, leía la Biblia. El Antiguo Testamento resultaba incomprensible, pero en el Nuevo había cosas que parecían escritas para mí.

Me encantaba el pasaje en el que Jesús perdona a María Magdalena, pese a que no comprendía la naturaleza de sus pecados, aunque este detalle me resultaba indiferente: me gustaba que se arrodillase ante él y le frotase los pies con sus largos cabellos. Me habría gustado que me hicieran algo así. (…)” Páxina 92 da novela.

Se a protagonista da novela comezou a ler con Tintín, como non o habían ler os alumnos de 1º da ESO no Val do Tea? Este curso, no Proxecto Interdisciplinar os rapaces van vivir as aventuras “tintinescas” escritas por Hergé. (Se queredes podedes “entrar” no  museo do autor clicando aquí). Ademais de ir de aventuras con Tintín e seu can,  viaxarán por diferentes países con eles.

As viaxes de Tintín, que tamén faremos nós.

As viaxes de Tintín, que tamén faremos nós.

Ata aLúa chegarán:

Tíintín na Lúa

Tíintín na Lúa

Pero sempre con Milú

E o "astronauta" Milú

O “astronauta” Milú

De momento xa viron a película Las aventuras de Tintín, el secreto del Unicornio.

Para os que xa vos convertirades en siareiros de Tintín podedes entrar nesta páxina ou nestoutra. Esta última xa para os máis adictos.

Queremos darlles as grazas aos compañeiros do CEIP “Ría de Vigo” por prestarnos a exposición de Tintín.  Moitas grazas por compartir connosco o voso traballo!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s