Reunión e pintura en “Metafísica de los tubos”.

100_4178

O luns pasado reníuse o biblioTea, no que foi a primeira reunión deste curso en torno a un libro. Despertamos á lectura, coma a protagonista do noso libro despertou á vida, saboreando chocolate branco (grazas, Esme)

100_4179

O pracer do chocolate, o pracer da lectura. Aínda que seguimos tendo algún que se despista e non le o libro, os que si o fixeron compensáronnos dese contratempo, pois temos lectores ávidos, entregados e esixentes. E o que é máis, lectores que arrastran lectores. Foi para nós un pracer, recibir o comentario de Guille xa antes da reunión, foi estupendo escoitarlle dicir que o seu pai tamén se apuntou a ler o libro, o mesmo que a nai de Gemma. É fantástico que os pais/nais lean os libros que len os fillos, que ambiente mellor para falar dun libro que o ambiente familiar! É fantástico tamén que non só os pais lean os libros que len os fillos como unha supervisión das lecturas infanto-xuvenís, senón que os rapaces lean literatura sen idade e a compartan en familia.

Temos que dicir que dubidamos un pouco á hora de poñer este libro de Amélie Nothomb, “Metafísica de los tubos”, a  lectores tan xoves, pero arriscamos e gañamos. A pesar da dificultade inicial viron moi ben o cambio de persoa do narrador, por que e como se fai ese paso da terceira persoa á primeira. Os diferentes tipos de fronteiras que saen no libro, non só xeográficas, senón socias, raciais, etc. O telón de fondo histórico da historia persoal (segunda guerra mundial, o seu impacto en Xapón en diferentes clases sociais)

Viron as obsesións propias que a autora reflicte  no libro, percibiron alusións metaliterarias, todo isto nos da idea do nivel lector que temos este curso.

Gemma ocupouse de buscar unha entrevista á autora en El País con motivo da publicación deste libro.

A Christian o libro “encantoulle”; a Guille cautivouno a “ironía”; Iago, pouco expresivo nesta reunión, atopouno un libro “raro”. A Xoán Carlos resultoulle “moi forte”, segundo el mesmo dixo, el leuno desde a perspectiva dun pai.

Agora só nos queda agardar que os pais lectores se expresen a través dos seus comentarios  no blog. Farédelo? Lembrade que tamén podedes asistir ás reunións cando queirades e/ou poidades, non só tedes que vir a traer o avituallamento ós cativos.

Na hora de reunión tamén vimos na páxina de “El museo del Prado” o cadro de O Bosco, “O xardín das delicias”, ó que alude a protagonista do libro na páxina 127, na que falando dos seus desvelos di “A fuerza de frecuentar criaturas dignas de Jerónimo Bosco, mis insomnios, antaño maravillosos, se convirtieron en un martirio.”

Hai tamén unha alusión no libro a Rafael, pero a de O Bosco pareceunos máis significativa,  porque lle temos un especial cariño a esta obra, da que temos unha reprodución en lona que utilizamos nas “Misións pedagóxicas” no centro en cursos anteriores. Co recordo das misións recordamos tamén a Rodri, que agora está noutro centro e ó que botamos en falta e lembramos non só ó falar das “misións” da biblioteca.

Non imos perdernos en recordos deixamos unhas fotos do noso arquivo da “misións pedagóxicas”.

100_2287_resized(Museo ambulante en 1º A)

100_2484(“Xardín das delicias” e “Guernica” en 1º D)

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s