Reunión inicial

Este luns tivemos a primeira reunión do BiblioTea. O club lector deste curso está formado polos seguintes lectores: Jorge, Christian e Iago, que recuncan, e novas adquisicións que son: Guille, Javier, Luis e Gemma. Aquí os temos a todos á beira da exposición de biografías que fixemos na biblioteca, pois esta primeira reunión falamos de biografías.

100_4146_resized

 E así estaban de atentos os nosos lectores cando Xoán Carlos, o coordinador da biblioteca, lles falou da pequena biografía de Sarmiento, publicada por A  Nosa Terra, que Xoán Carlos nos trouxo á reunión e coa que el coñeceu a este importante e interesante, aínda que en certo modo ignorado, intelectual.

100_4147_resized

Tamén nos incluíu na nosa miniexposición o libriño de biografías “Doce grandes científicos” de Mª Milagros Villanueva Rodríguez, publicado por edicións Lóstrego, na colección Doce Grandes.

100_4133_resized

A biografía é o xénero por excelencia que fai un percorrido pola vida dunha persoa. Temos autobiografías, memorias, diarios que son diferentes tipos de escritos que nos contan a vida dunha persoa. Tamén hai pseudobiografías que nos contan só momentos da vida dunha persoa, pero momentos determinantes que nos dan unha perspectiva da vida completa.

Leunos Gemma (coa súa precisa e preciosa dicción) o capítulo dedicado a Isak Dinesen, pseudónimo de Karen Blixen (picando sobre o nome tedes a biografía virtual da autora de “Memorias de África” na páxina de Javier Marías), que está incluído no libro que nos trouxo Esme:” Interior azul”  de Anna R. Ximenos.

Da película homónima e do libro de Isak Dinesen, xa falamos neste blog (picade aquí para lelo)

En realidade calquera novela é unha biografía. Que importa se o personaxe é real ou ficticio, se naceu fisicamente ou da imaxinación dun escritor! Hai algúns que cobran tanta forza que podemos chegar a ver como máis reais ca moitas das persoas que nos rodean.

Hoxe quedamos xa para o primeiro luns de novembro e daquela viremos todos co libro de Amélie Nothomb, “Metafísica de los tubos”, lido e prestos para comentalo.

(Procedencia da imaxe)

De Amélie Nothomb xa fixemos varias recomendacións neste blog, de feito temos unha etiqueta no blog para ela. Esta autora, aínda que escribe libros de ficción, fai neles moitas alusións autobiográficas e, de feito, “Metafísica de los tubos”, pretende ser unha autobiografía da autora ata os 3 anos. Que parte de ficción e que parte de realidade hai no libro, xa o comentaremos na reunión.

Xa vos dixemos, ós participantes no club, que é un libro que vos pode resultar un pouco difícil, pero esa será a nosa “proba iniciática” para formar parte do BiblioTea.

Ó longo da vida, ás persoas xúrdennos diferentes retos. O proxecto lector do club deste ano ten que ver coas etapas da vida, polo que nós tamén vos iremos poñendo retos. E para comenzar, que hai máis difícil que o nacemento? Non nos lembramos, pero é un acto ben traumático. Saímos a este mundo chorando, gritando e se non é así, fannos chorar cun bon cachete. Así que, tamén o nacemento do club deste ano ten que ter certa dificultade. Non vai ser un parto fácil dixerir á Amélie Nothomb de “Metafísica de los tubos”, pero vai merecer a pena.

Agardámosvos o 1º luns lectivo de novembro.

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Recomendacións

2 respostas a “Reunión inicial

  1. Guillermo Peña

    Es la primera vez que leo un libro como “Metafísica de los tubos” y me resultó chocante la forma en la que está escrito y las cosas que cuenta. Al principio me costó un poco entenderlo pero luego según me encontraba con toques de humor se iba haciendo muy entretenido. Se lo recomiendo a lectores exigentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s