“A volta ao mundo en 8 libros” que comezou con “A volta ao mundo en oitenta días” de Jules Verne, non podía menos que acabar con outra volta e outro Xulio: “La vuelta al día en 80 mundos” de Julio Cortázar.
Esta obra é unha particular homenaxe do gran Cortázar ó seu tocaio, cos libros do cal disfrutou de neno. Esta entrada é a nosa homenaxe ós dous Xulios, ós seus libros, ós libros en xeral e ós lectores en particular.
Con ela pechamos o noso periplo polos libros, comezamos un 24 de setembro e rematamos un 24 de San Xohán. Xa fixemos a nosa guía de lecturas para o verán (os libros, coma as bicicletas, son tamén para o verán), pero non imos deixar pasar este día sen facer algunha recomendación moi acaída.
*”Polo San Xohán a sardiña molla o pan”, segundo o refraneiro popular, así que nós recomendamos: “No pidas sardina fuera de temporada” de Andreu Martín e Jaume Ribera (1987). Esta é a primeira novela do arquifamoso detective Flanagan
*Un clásico para a ocasión: “Soño dunha noite de verán”, e aquí temos varias recomendacións nunha.
O clásico de Shakespeare
a película do 1999, dirixida por Michael Hoffman
e a película de animación do 2005, dirixida por Ángel de la Cruz e Manuel Gómez Santos, que se estreou na Coruña. Levou o Goya á mellor película de animación no 2006.
*Para que practiquedes o inglés:
“On Midsummer-eve, Adèle, weary with gathering wild strawberries in Hay Lane half the day, had gone to bed with the sun. I watched her drop asleep, and when I left her, I sought the garden”
Este fragmento aparece na páx.246 da edición de Penguin Popular Classics da obra de Charlotte Brontë “Jane Eyre”, que tamén vos recomendamos, por que non?
A tradución tédela en Alianza editorial. O fragmento citado na páx. 354
Podedes tamén ver a película.
“La víspera del día de San Juan, Adèle, fatigada de recoger fresas durante horas en el camino de Hay, se acostó al ponerse el sol. Me quedé con ella hasta que se durmió, y, cuando la dejé, salí al jardín.
“
*Vaia, recoller fresas! E logo por que non recomendarvos “Campos de fresas” de Jordi Sierra i Fabra,como lectura de verán? Tedes exemplares dabondo na biblioteca.
E pechamos xa entrada e blog, desexándovos a todos e todas unhas boas vacacións e unha boa viaxe lectora ou xeograficamente falando. Lembrade levar convosco un libro, ou máis, sempre que viaxedes, e se non saídes de onde estades, viaxade a través dos libros.
Vémonos en setembro cun novo proxecto. Ata logo.