As bicicletas son para o verán. Os libros tamén.

Esta última viaxe que fixemos foi montados nunha bici. Pois ben, deixámosvos aquí posibles viaxes para que fagades, en bici, este verán. A biblioteca Civican de Pamplona fixo esta interesante  guía de lectura de ciclismo e literatura.

(Procedencia da imaxe)

Aos que xa se citan na guía , engadimos algúns títulos.  Son, por exemplo,  El cartero Pablo Neruda, de Antonio Skármeta. Podedes atopar  o libro e a película na biblioteca.

Tamén na biblio atoparedes a película Diarios de motocicleta

Para os máis pequenos, de Gonzalo Moure, de quen xa falamos aquí, tedes A la mierda la bicicleta

E, coma radios de rodas de bicis, outro puñadiño de libros en dúas rodas:

Mi querida bicicleta de Miguel Delibes

La Revolución de las Mariposas”  , escrita polo tamén ciclista Oscar Patsí.

El ciclista” de Tim Krabbé.

Todo lo que una tarde murió con las bicicletas” de Llucia Ramis

“Diez bicicletas para treinta sonámbulos”

                                                  ( Procedencia da imaxe)

Elogio de la bicicleta“, do antropólogo Marc Augé. Así comeza o libro.

Ladrones de bicicletas” de Luigi Bartolini, que inspirou a película Ladrón de bicicletas, de Vittorio de Sica

La bicicleta estática , libro de relatos do catalán  Sergi Pàmies

Do estatismo da bici anterior ao movemento do cine. Ademais das películas citadas arriba, cómpre falar de Muerte de un ciclista, de Juan Antonio Bardem.

E , no sillín, podedes ler os dez mellores libros para ler en bicicleta.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Cine, Recomendacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s