Na entrada anterior falamos de Orhan Pamuk e de “El museo de la inocencia”. Dedicamos unha entrada á parte a unha curiosidade sobre esta novela ( tédela na biblioteca, como xa vos dixemos)
Ademais dunha lectura apaixoante de 83 capítulos, esta obra deu orixe a un verdadeiro museo, do que a propia novela é unha guía que inclúe unha entrada gratuíta para o posible lector-visitante. Aquí tedes un vídeo que explica como so autor xestou a idea do museo ó tempo que escribía a novela.