Literatura turca, literatura en Estambul

Nesta entrada imos falar de literatura turca e literatura ambientada en Istambul.

En “A cidade en chamas” citábase varias veces a Nazim Hikmet.

Outro autor turco moi coñecido, pois foi premio Nobel no 2006, é Orhan Pamuk. Del temos na biblioteca “Nieve” e “El museo de la inocencia”.  (Podedes consideralas recomendacións para levar no verán)

nieve-9788499892023el-museo-de-la-inocencia-9788439722052

Se tedes interés en adentrarvos na literatura deste país, deixámosvos un enlace á librería Alberti onde podedes ver que hai moitos máis autores ca Orhan Pamuk. A sona deste é tanta que eclipsa a moitos outros bos autores, como se di neste artículo que vos enlazamos a propósito de “Gentes de Estambul” de Buket Uzumer.

Ademais da literatura turca, temos autores doutras nacionalidades que ambientan a súa obra neste país. Como exemplo deixámosvos a obra de Antonio Gala, “La pasión turca”, que  foi levada ó cine por Vicente Aranda con Ana Belén como protagonista no papel de Desideria.

Neste enlace tedes unha reportaxe de RTVE sobre a película.

E para finalizar engadimos un vídeo coa música desta película, de José Nieto.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en A cidade en chamas, Cine, Música, Recomendacións, Turquía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s